Santiago, 21 de agosto de 2008.- A voceira de Educación do Grupo Popular criticou hoxe en rolda de prensa a demagoxia e o engano da Conselleira de Educación que se comprometeu ao inicio da lexislatura a ser a “abandeirada da conciliación a través do sistema educativo” e a realidade indica que non so non se progresou nese sentido senón que se retrocedeu e hoxe é máis difícil conciliar vida laboral e escolar na nosa Comunidade. Manuela López Besteiro enumerou tres aspectos fundamentais nas que a Consellería fracasou estrepitosamente a pesares de presentalas como básicas para lograr unha maior conciliación no sistema educativo: comedores escolares, xornada dobre e apertura dos centros fora do horario escolar .
MAIS COLEXIOS CON XORNADA ÚNICA.- Segundo Manuela López Besteiro “hoxe en día hai máis colexios con xornada única” pese a que cando chegou a Conselleira prometeu que todos os centros terían xornada dobre incluso en verán. “A falta de presuposto e a intención de facelo a costa do traballo dos profesores levou a unha folga xeralizada en todo o sistema educativo que obrigou a dar marcha atrás a unha medida que non souberon enfocar dende un primeiro momento” indicou a voceiro de Educación.
Na actualidade, a normativa sobre xornada única non satisface nin a profesores nin aos pais, xa que por unha banda os centros seguen a estar condicionados pola necesidade de compartir horarios de transporte e os pais teñen que financiar as actividades extraescolares que se darían nesas horas.
COMEDORES ESCOLARES PARA SÓ O 30% DO ALUMNADO.- Outro dos grandes enganos propagandísticos da Conselleira de Educación, segundo a voceira popular, foi que todos os escolares terían dereito a utilizar o comedor escolar. A realidade é que tan só pouco máis do 30% dos alumnos poden utilizados, que son os alumnos transportados e que xa o tiñan antes.
Neste próximo curso se restrinxe o número de alumnos que poden usar o comedor e mais de 100 centros non poden aumentar o número de prazas. Segundo Manuela López Besteiro “a Consellería de Educación en vez de recoñecelo con honestidade manda instrucións aos directores para que isto sexa así en vez de publicalo e ao non ser pública a orde pode seguir facendo propaganda”.
A nova normativa sobre comedores escolares reduce drasticamente o número de familias que tiñan comedor gratuíto e se segue a discriminar dende o goberno aos alumnos dos centros concertados que non teñen subvención para os seus comedores,” un 30% dos escolares en Galicia que a Conselleira non considera como propios”.
PROPAGANDA DO PSOE.- A voceira de Educación indicou que o colmo da demagoxia e da mentira deste goberno é o seu incumprimento do programa electoral do PSOE, que anunciaron a bombo e platillo, sobre a apertura dos centros fora do seu horario escolar “centros públicos abertos doce horas ao día, sete días á semana e once meses ao ano anunciaban no seu programa electoral e o final os que conseguen abrir certo tempo fora do horario poden facelo gracias a financiación dos concellos que se encargan de contratar aos monitores”.
Segundo López Besteiro “eles fan a propaganda e a foto e logo trasladan o problema aos concellos”. Indicou así mesmo que sobre este asunto varias concelleiras do PPdeG en diversos concellos indicaron que se discriminaba aos escolares transportados xa que tiñan que ir o centro dentro do horario escolar. “A resposta da Xunta foi que falaran cos transportistas a ver se os convencían para que fixeran o transporte fora do horario escolar” indicou a voceira popular, o que amosa a total falta de vontade política para facer realidade unha medida moi importante para a conciliación da vida laboral e a escolar.
Para Manuela López Besteiro é fundamental o desenrolo de políticas efectivas para compaxinar a vida familiar e laboral que teñan como base o ámbito educativo no que se fai necesario un esforzo engadido para facilitar a igualdade en todos os ámbitos.”Con estas medidas non se pode facer demagoxia nin propaganda senón poñer todos os medios precisos e abrir todos os cauces necesarios para que as familias galegas deixen de ter agora máis dificultades que fai uns anos en conciliar a vida laboral e escolar” indicou a voceira de Educación.