Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “EN ÉPOCA DE CRISE, OS POLÍTICOS DEBEMOS DAR EXEMPLO COA CONTENCIÓN DO GASTO”

Lugo, a 19 de agosto de 2008.- O voceiro do Grupo provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro replicou ó seu homólogo socialista Antonio Gato que o seu partido non cuestiona que o Presidente da Deputación deba contar cun “coche digno” para os seus desprazamentos oficiais, pero si disculte a conveniencia do intre elexido e o importe asignado á adquisición deste vehículo.

Barreiro lémbralle ó portavoz socialista que “atopámonos nunha grave crise económica e nunha situación así, a contención do gasto faise necesaria, polo que a administración, como representante da cidadanía, debe predicar co exemplo”. 

Dende o PP insisten en salientar que se van adicar 106.000 euros (preto de 18 millóns das antigas pesetas) na compra dun coche e pola contra rexeitase a adopción de medidas de restricción do gasto non productivo, contradecindo incluso a filosofía fixada por outras administración que comparten a mesma cor política que a Deputación de Lugo.

 

Aclara asimesmo que o Partido Popular non votou a favor da compra deste coche. Para poder facelo, aclara, o asunto tería que ser levado a pleno. O que significa que os populares tan só estiveron presentes na apertura de plicas nas que non teñen nin voz nin voto. 

En canto as críticas realizadas por Antonio Gato sobre o coche oficial empregado por José Manuel Barreiro na súa etapa como conselleiro de Medio Ambiente, o líder popular puntualizou que o referido vehículo formaba parte do parque móbil da Xunta e que éste lle foi asignado cando asumiu o cargo.

 

Lembra asimesmo que foi un “coche heredado”, que tiña moitos anos e centos de miles de quilómetros, dado que con el non só se percorría a provincia de Lugo senón toda Galicia.