Partido Popular de Lugo

O GPPP DENUNCIA A INEFICACIA DA POLÍTICA TURÍSTICA DA DEPUTACIÓN

Lugo, a 15 de agosto de 2008.- O GPPP denunciou hoxe a ineficacia da política turística da Deputación, xa que nos últimos catorce meses non se constataron avances significativos nesta materia. A actuación turística desenvolta pola administración provincial limitouse, salientaron os populares, a elaborar un power point para enseñalo por todos as comarcas lucenses, coma se todas fosen iguais, e minusvalorar un dos grandes destinos turísticos que tén a provincia, a Riberia Sacra, e a botadura, aínda que con retraso, do “Mencía”, o novo monocasco adquirido polo anterior equipo de goberno. 

Un bo botón de mostra da desidía e desinterese da que está a ser obxecto o turismo é a compra dos novos toldos para os catamaráns, para os tres Pelegríns, dado que estaban moi deteriorados, e que se levaron a cabo o pasado día 17 de xullo a través dun decreto asinado polo Presidente. 

Para os populares  éste é un exemplo máis que demostra o que xa veñen denunciando dende hai tempo: a falla de mantemento da que están a ser obxecto as tres embarcacións e o manifesto desinterese amosado para que os barcos estivesen en condicións de estar realmente operativos cando tiñan que estar. 

O PP engade que a Deputación fixo este ano unha pésima labor para publicitar a rota dos encoros e a Ribeira Sacra, un destino e un reclamo turístico de primeiro orde no conxunto da provincia, xa que prácticamente non se enviou ningunha información a ningún operador turístico. 

Dende o PP lembrou asimesmo que o barco que está atracado na cidade de Lugo presenta serios problemas de seguridade, xa que habitualmente, logo de rematado o seu servicio, é usado como trampolín, o que podería, en caso de producirse algún accidente, crear problemas de inseguridade xurídica, xa que pola súa condición de propiedade privada deberían artellarse medidas de seguridade axeitadas. 

O GPPP considera, en resumo, que pasado máis dun ano de mandato do bigoberno, o único palpable é a inacción, a falla de actividade e de iniciativa, e que nin tan sequera se está a saber  aproveitar o bo traballo feito na etapa anterior en materia turística, o que se traduce no desalento dos sectores implicados e nos propios concellos, que ven, uns e outros, como o seu traballo non é correspondido polo ente provincial.