Lugo, a 14 de agosto de 2008.- Para o voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular “non é doado de dixerir” que o equipo de goberno da Deputación de Lugo vaia a aprobar a compra dun novo vehículo oficial para o Presidente por importe de 106.000 euros.
José Manuel Barreiro ironizou co feito de que “Lugo vai presumir de que o seu Presidente provincial poderá lucir nos seus desprazamentos oficiais o choche máis caro de todos os presidentes das deputacións de Galicia e de incluso máis aló das nosas fronteiras”.
O voceiro popular extendeu a súa crítica ó feito de que a inversión inicialmente aprobada para este concepto, “xa de por sí moi alta”, segundo suliñou, era menor (rondaba os 100.000 euros) da que finalmente se vai a adicar.
Barreiro considerou que con decisións deste tipo resulta “tristemente entendible” que socialistas e nacionalistas rexeitaran a proposta realizada polo Partido Popular para aplicar un plan de contención do gasto e de auteridade económica na administración provincial, que se centrada principalmente, ademáis, nos políticos.
“Por unha vez o equipo que encabeza Gómez Besteiro foi coherente na súa actuación porque é lóxico que se se vai adicar unha fortuna á compra dun coche, non se esté pola labor de promover o aforro. O malo do asunto é que os sectores máis perxudicados pola crise económica, que conforman ademais a base productiva principal da nosa provincia, e que serían os beneficiarios do programa de axudas directas que nos plantexabamos, non van obter ningunha ventaxa de que o Sr. Besteiro dispoña de coche novo. Os seus problemas, pola contra, seguirán agravándose porque as institucións que os representan e terían que velar polos seus intereses, non fan nada”.