Partido Popular de Lugo

BARREIRO CALIFICA DE NULA A XESTIÓN DA CRISE QUE ESTÁ A REALIZAR O GOBERNO DE ZAPATERO

Lugo, a 14 de agosto de 2008.- O senador lucense e voceiro de Economía na Cámara Alta José Manuel Barreiro asistiu hoxe en Madrid á terceira reunión do Comité de Seguemento da Crise Económica posto en marcha polo Partido Popular ante a grave situación na que se atopa a economía española. 

Para José Manuel Barreiro, o único representante galego nesta comisión, agás o propio líder nacional do Partido Popular Mariano Rajoy, a decisión de Zapatero de presidir onte a Comisión de Asuntos Económicos e de celebrar hoxe un Consello de Ministros extraordinaria non é máis que “un paripé, unha maneira de facer que se fai pero sin facer nada”. 

O senador popular considera que a actuación do Goberno central no que á contención da crise económica se refiere, que fai extensible tamén ó da Xunta de Galicia, é nula. “As medidas que se anuncian non atacan o fondo do problema e poñen de manifesto que os socialistas están desbordados pola situación e, o peor, non saben qué facer”. 

Insistiu en que “nese paquete de actuacións do que deu conta hoxe o Presidente do Goberno non se inclúe nada novo”. 

Por elo, Barreiro, “ante este situación de falta de liderazgo e de iniciativa do equipo de Zapatero”, augura “máis datos negativos para o bolsillo de todos”. “É urxente que, dunha vez por todas, se adopten accións concretas e que teñan repercusión e beneficio directo para os sectores productivos máis afectados pola recesión”, engadiu. 

Salientou asimesmo que o que está a quedar “perfectamente claro” é a falla de credibilidade de José Luis Rodríguez Zapatero. “Negou a crise e, por elo, non se actuou a tempo. E agora, por non asumir a realidade cando tocaba, a situación e insostible e dunha gravidade sen precedentes”.