Partido Popular de Lugo

O GPPP LAMENTA QUE PSOE E BNG NON RESPALDARAN NA DEPUTACIÓN A PETICIÓN DUN XULGADO PARA SARRIA E UN XUIZ DE APOIO PARA O DE CHANTADA

Lugo, a 7 de agosto de 2008.- O GPPP lamentou que socialistas e nacionalistas se negasen no último pleno a Deputación inste á Xunta a demandar á creación dun xulgado de Instrucción e Primeira Instancia en Sarria e a dotar o de Chantada cun xuiz de apoio, así como a entrada en servicio dun xulgado específico de violencia de xénero na provincia. 

Os deputados populares pola Zona Sur, José Manuel Mato, Manuel Varela e José Manuel Arias, critican que o equipo de goberno da Deputación permaneza pasiva ás demandas reiteradamente formuladas nestes senso polos veciños afectados. Lembran, no caso concreto de Chantada, que este xulgado prestan servizo ós sete concellos que integran o partido xudicial, é dicir, Chantada, Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada, polo que é doado entender a sobrecarga de traballo existente nel. 

Tampouco comprenden os populares a negativa á crear un xulgado de violencia de xénero específico para a provincia, que sen dúbida ningunha serviría para axilizar procesos xudiciais neste ámbito dada acumulación de casos que están pendentes.