Partido Popular de Lugo

JAIME CASTIÑEIRA: «O PPDEG TEN A CONCIENCIA MOI TRANQUILA XA QUE TODAS AS CONCESIÓNS CUMPRIRON A MAIS ESTRICTA LEGALIDADE”

Santiago, 7 de agosto de 2008.- O voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, rexeitou hoxe as críticas feitas pola voceira do PSdeG-PSOE ao respecto do informe do Consello de Contas en referencia a concesión de minicentrais. “O PPdeG ten a conciencia moi tranquila  a ese respecto xa que todas as concesións cumpriron a máis estrita legalidade e se a xustiza non actuou é porque non existen irregularidades” indicou Jaime Castiñeiras. 

Para o voceiro popular non hai ningunha concesión que non cumpra a legalidade, que se cumpriu escrupulosamente, polo que non entende ese afán do PSOE de repetir unha e outra vez a mesma mentira “quizais pensando que algunha vez pode convertirse en verdade”. 

Para Jaime Castiñeira a frustración das expectativas que tiña Laura Seara no último congreso do PSOE fai que esta siga pensando en facer méritos para conseguir alcanzar os seus obxetivos aínda que “o tempo porá a cada un no seu sitio”.Pediu á deputada socialista que deixe de enlodazar a política galega no seu resentimento por non ter acadado o que pretendía no congreso do seu partido. 

O voceiro popular fixo referencia a pouca eficacia do Goberno bipartito para resolver os problemas medio ambientais, asegurando que a súa “blindaxe dos ríos” consiste en ir de desastre en desastre. Así recordou o caso dos vertidos do río Umia, o desastre ecolóxico da Fervenza ou os recentes vertidos en Melide, entre outros.