Lugo, a 5 de agosto de 2008.- O GPPP afirmou hoxe que a Deputación non fixo absolutamente nada para tratar de resolverlle a aproximadamente vinte concellos da provincia os problemas que teñen coa recollida de lixo dende principios deste ano. “Limitouse a mandar unha carta, e punto. Como respostaron poucos, a Deputación deixou pasar o asunto coma se non fose con ela. En definitiva, deixou tirados ós concellos”, asegurou o voceiro adxunto dos populares na Deputación.
Para José María González Barcia, esto é o que se desprende da resposta dada polo bigoberno, por boca do deputado delegado Sr. Sotuela, no último pleno. Una resposta que, ó seu entender, deixa ó Presidente “na picota” porque o feito de que sexan poucos os afectados non é argumento para xustificar que non se faga nada.
“Aínda só un concello respostara á carta enviada desde o ente provincial, a obriga da Deputación é axudarlo, buscando alternativas en aras da aplicación do principio de colaboración institucional, e do papel que de concello de concellos tén a Deputación”, indica o deputado popular.
Barcia “sospeita”, segundo indicou, que no fondo da cuestión “latexa o pouco interese da Deputación por este asunto, xa que PSOE e BNG votaron en contra dunha moción do PP na que se daba unha posible solución ó problema. E os concellos, visto o voto en contra dos socios de goberno, optaron por bucar unha alternativa pola súa conta”.
González Barcia agarda que a actitude do Presidente Besteiro sobre este asunto non se convirta no precedente que se convirte en norma porque, segundo salienta, non sería desexable polo ben do conxunto dos cidadáns desta provincia, xa que todos pagan os seus impostos e todos teñen os mesmos deberes e tamén os mesmos dereitos”. “A Deputacion”, lembra, “tén a obriga de contribuir ó equilibrio territorial”.