Lugo, a 4 de agosto de 2008.- O senador lucense e voceiro de Economía na Cámara Alta José Manuel Barreiro asistirá o vindeiro xoves en Madrid á reunión do Comité de Seguemento da Crisis Económica posto en marcha polo Partido Popular ante a grave situación na que se atopa a economía española e coa intención de aportar solucións concretas que permitan abordar e solucionar na medida do posible esta situación.
José Manuel Barreiro é o único representante galego nesta comisión, agás o propio líder nacional do Partido Popular Mariano Rajoy, quen asumirá tamén a dirección deste comité.
A reunión do vindeiro xoves, día 7, será a primeira dunha serie de encontros que os membros deste comité de crise teñen previsto celebrar durante este mes de agosto para facer un seguimiento exhaustivo e riguroso das novas que en materia económica se vaian producindo.
Este comité está integrado polo propio Mariano Rajoy, que se encargará de presidilo, tarefa que, na súa ausencia, recairá na secretaria xeral da formación política María Dolores Cospedal, e polos tres vicesecretarios xerais: a de Organización e Electoral, Ana Mato Adrover; o de Política Autonómica e Local, Javier Arenas Bocanegra; e o de Comunicación, Esteban González Pons.
Tamén forman parte del o secretario nacional de Economía, Álvaro Nadal; os voceiros do grupo parlamentario popular no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría e a voceira adxunta, Fátima Báñez; e no Senado, Pío García Escudero.
Así como os voceiros de Economía e Presupuestos no
Congreso, Cristóbal Montoro e Vicente Martínez Pujalte, respectivamente, e no Seando, o xa mencionado José Manuel Barreiro, en Economía, e Francisco Utrera Mora en Orzamentos.
Tamén asistirán a estas xuntanzas o Vicepresidente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios da Eurocámara, José Manuel García Margallo, e varias personalidades de recoñecido prestixio en materia económica designados polo propio Mariano Rajoy como é o caso do Presidente da Comisión para a UE no Congreso, Miguel Arias Cañete, e o voceiro da Comisión Constitucional no Congreso, Manuel Pizarro.