Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE EN 2008 NON SE ESTÁN A FACER OS LABORES DE CONSERVACIÓN DAS VÍAS PROVINCIAIS

Lugo, 2 de agosto de 2008.- O GPPP presentou no pleno do pasado martes unha pregunta sobre as previsións de execución das obras de conservación das vías provinciais para o presente exercicio 2008 sin que a respostada acadada ofrecera ningún dato novo. O PP lembra que a Deputación, todos os anos, elaboraba proxectos para levar a cabo estas obras. Para elo, distribuía a provincia en zonas e establecía prioridades en cada unha delas en función da documentación e información elaborada polo persoal da Deputación. 

Ante estes antecedentes e logo da resposta dada polo deputado delegado Sr. Martínez, o GPPP conclúe que os labores de conservación que se están a facer nestes intres correspóndense cos proxectos elaborados para o ano 2007. 

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, indicou que Martínez confirmou o que xa se sabía e era un clamor, que este ano a Xunta de Goberno non aprobou ningún proxecto de conservación da a rede viaria provincial para o presente ano por unha razón moi sinxela: porque non se redactou ningún proxecto.

Para Barcia, a Deputación está efectivamente a usar sprays para delimitar os baches existentes, pero non os tapa. E nos casos nos que o fai, emprega grava e rego asfáltico, o que pode incluso provocar accidentes. 

Barcia manifesta que Martínez “descoñece que é o aglomerado en quente ou en frío porque non os usa, en contra do que pasaba antes”. Pon coma exemplo a rexeneración levada a cabo na estrada de Burela a San Cibrao hai ano e medio.

Para o voceiro adxunto do GPPP, o problema é que o Presidente da Deputación, “co ánimo de non crear tiranteces, permitiu a creación dun reino de Taifas no organismo provincial, o que lle recortou poderes e, pola contra, lle está aumentando os problemas, ata o punto de que está a sopesar facerse cargo do parque móvil provincial e do propio mantemento da rede viaria”. 

Barcia asegura que dentro do grupo socialista da Deputación hai moita ambición, “desmedida ás veces”, e con encontronazos entre algúns membros do grupo (Besteiro por un lado, Martínez por outro, Gato por outro, Roel por outro,…). Para o voceiro adxunto popular “esta situación é moi mala para a provincia e as consecuencias estámolas a ver constantemente porque comprobamos como as cuestións do día a día vanse dilatando e deteriorando”.