Partido Popular de Lugo

O DESEQUILIBRIO ECONÓMICO DA DEPUTACIÓN OBRIGA A BESTEIRO A PRESENTAR UN PLAN DE REEQUILIBRIO FINANCIEIRO

Lugo, a 30 de xullo de 2008.- O voceiro do Grupo provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro saca básicamente dúas conclusións do pleno da corporación provincial celebrado onte: “Unha política de gasto inaxeitado que fará que a Deputación pase, en só un ano de goberno da coalición PSOE-BNG, dunha situación económica saneada e cun superávit superior ós 30 millóns de euros a un endebedamento de case 22 millóns e, unha vez máis, unha total falla de compromiso por parte da administración provincial, do concello de concellos, na defensa dos intereses xerais de Lugo e de todos os lucenses”. 

Barreiro considera “totalmente fallido” o intento de Gómez Besteiro de xustificar un orzamento, “moi mal plantexado tendo en conta a coiuntura económica xeral”, coa redacción dun Plan Económico Financieiro ó que, dado o desfase entre ingresos e gastos previstos, está obrigado por lei.

O desequilibro económico na que se sumirá a Deputación, “derivado da deficiente xestión da que están dando sobradas mostras socialistas e nacionalista” é, en opinión do voceiro popular, ainda menos admisible, se cabe, dada a grave crise económica na que se atopa o país. “É difícil de entender que, neste contexto, a propia administración provincial recoñeza no seu Plan Económico Financieiro un incremento dun catro por cento dos gastos correntes e sitúe o crecemento económico nun irreal dous por cento, xa que as previsións do propio Goberno do Estado o sitúan nunha cifra moito máis baixa que quizá, e por desgracia, haxa aínda que rebaixar máis”, engade. 

Barreiro reitera que “non considera lóxicos algúns gastos”. Pon coma exemplo a adquisición dun edificio que albergará a nova sede de Suplusa e que suporá unha inversión inicial de dous millóns de euros. “Hai cuestións máis urxentes como o desenvolvemento de parques empresarias ou o acondicionamento de chan industrial”, explica. 

Para o voceiro dos populares tampouco resulta fácil de entender e xustificar o voto negativo de socialistas e nacionalistas á moción na que se propoñía a contención do gasto, coa aplicación dun plan de austeridade que principiaría polos propios representantes políticos, para redirixir o aforro resultante á posta en marcha de axudas directas ós sectores máis perxudicados pola crise e que, por outra banda, conforman a base productiva principal da provincia de Lugo.

«Que a Deputación provincial, unha vez máis, dé as costas ós pescadores, gandeiros e agricultores, ademais de ás pymes, resulta inaceptable. Máis, se cabe, cado un dos principios que debe rexir esta institución, en calidade de máxima representante da provincia no seu conxunto, é a defensa dos intereses de todos os lucenses”, explica Barreiro. 

O voceiro popular criticou tamén con dureza que os socialistas da Deputación se neguen a aplicar o principio de austeridade prácticado e recomendado incluso polos seus propios compañeiros en outras administracións. “Resulta chocante que o Sr. Besteiro, membro tamén do equipo de goberno municipal de Lugo, diga non ó recorte de gastos superfluos na institución que preside e asuma o mesmo plantexamento, a proposta do alcalde Orozco, no concello”, puntualiza. 

“Fixo oidos xordos incluso”, engade Barreiro, “á recomendación explícita e aplicada a este respecto polos Goberno da nación e da Xunta de Galica, da súa mesma cor política”.