Partido Popular de Lugo

BARCIA RECOMÉNDALLE A GATO SOENGAS QUE MIME ÓS FUNCIONARIOS PORQUE, NO FONDO, SON OS QUE TRABALLAN

Lugo, a 29 de xullo de 2008.- O GPPP pídelle ó voceiro socialista na Deputación Antonio Gato que asuma as súas responsabilidades e que deixe de buscar excusas sobre os retrasos que acumulan as cuestións que son da súa área de competencia directa, como pode ser o pago de subvencións ás comunidades veciñais. 

O voceiro adxunto do Grupo provincial Popular José María González Barcia recoméndalle ó voceiro socialista que “evite seguir distraéndose nas súas funcións e se centre en desempeñar o seu traballo”. Lémbralle asemesmo que “non confunda o touciño coa velocidade” e non poña na súa boca o que non dixo.  

“Gato Soengas non debería mezclar ós funcionarios, que son profesionais que saben moi ben o que deben e teñen que facer e que, no fondo, son os que lle lavan á cara ó equipo de goberno porque eles si fan o seu traballo, co retraso que acumulan boa parte das áreas ou servicios da administración provincial”, engade Barcia. 

Os populares reiteran que a demora que acumula o abono das subvencións dos planos de colaboración coas comunidades veciñais pódense constatar, como tamén se pode comprobar o desfase existente, nalguns casos, entres as datas nas que foron asinados os preceptivos informes dos capataces dando o visto bo ás obras realizadas e a conseguinte orde do pago.