Partido Popular de Lugo

O GPPP INTERESARASE MAÑÁ NO PLENO DA DEPUTACIÓN POLA CONSERVACIÓN DAS VÍAS PROVINCIAIS E A RECOLLIDA SELECTIVA DE LIXO

Lugo, a 28 de xullo de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular interesarase mañá no pleno que ten previsto celebrar a corporación provincial polos proxectos de conservación das estradas provinciais durante o presente ano. 

Os populares, dado que, segundo se desprende das actas das Xuntas de Goberno, non hai aprobado ata o momento ningún proxecto de conservación das mencionadas vías, preguntarán ó Presidente da Deputación se antes de finais de este ano está previsto executar os pertinenetes proxectos de conservación.

O GPPP tamén preguntará a Gómez Besteiro polas xestións realizadas pola Deputación para resolver os problemas existentes en numerosos concellos da provincia coa recollida selectiva de envases lixeiros.   

O PP quere saber qué actuacións concretas se levaron a cabo neste senso despois de que o equipo de goberno anunciara, a raíz da presentación dunha moción por parte do GPPP sobre este asunto en outubro de 2007, a súa disposición de tomar cartas no asunto e resolver o problema.