Lugo, a 25 de xullo de 2008.- O portavoz adxunto do GPPP, José María González Barcia, considera que Lara Méndez descoñece a realidade da Deputación, xa que as obras do Plan Operativo Local seguen un camiño distinto ó que seguen as obras financiadas ó cento por cento pola Deputación, ou mediante convenios cos concellos.
Na opinión de Barcia, Lara Méndez vai pouco pola Deputación, como o demostran as súas reiteradas ausencias á Xunta de Goberno provincial, e non se entera de algunhas cousas.
O voceiro adxunto do GPPP ofrécese a visitar con Lara Méndez algunhas obras para ver o seu grao de execución e para que, de paso, teña a oportunidade de pedirlles disculpas ós veciños afectados.
Así, por exemplo, en Barreiros e Ribadeo “veríamos como da vía litoral, que xa tiña un tramo adxudicado e os outros tres contan con proxectos aprobados, non se fixo nada, e por eso os accesos ás Catedrais están como están”, indicou o deputado popular.
Barcia tamén recomenda unha visita ó Vicedo, para explicarlles ós veciños que a estrada de Suegos á Falcoeira, que tén proxecto, gasto e pliego e condicións aprobados, non se vai facer.
“Outra visita interesante poderíase facer sen salir de Cervo, onde é concelleira Lara Méndez, ós núcleos de Espiñerido, Casas Novas e Madeiro, e a estes veciños, que queren que se lles faga o saneameno, diríalles a Sra. Méndez que o convenio de 200.000 euros asinado con todas as da lei entre a Deputación e o Concello de Cervo non se fará, e que se quedan sen saneamento”, engadiu.
Pasando por Xove, sería bo explicarlles ós veciños afectados pola carretera a Valcarría que xa cobraron as expropiacions, que se quedan sen terras pero tamén sen carretera, gracias á “brillante” xestión de Lara Méndez.
“Estas visitas bastarían para oir como se queixan os veciños, e son exemplos da parálise da Deputación, que tén máis de 15 millóns de euros parados na Mariña sen executar, por certo, todos eles aprobados polo anterior equipo da Deputación, porque o actual non aprobou nin un só proxecto, no que levan de mandato. Nin un só proxecto, nin para a Mariña nin para a provincia”, explicou Barcia.
“Por último, decirlle á Sra. Méndez que o PP respeta todas as decisións, pero eso non quere decir que as comparta, e cando non as compartimos, criticámolas, ainda que non lle guste á Sra. Méndez, que é capaz de mentir descaradamente decindo que xa está adxudicado o camión nodriza de Barreiros, cando a mesa de contratación se reunirá o luns que vén, ás dez e media. Se ela di que está adxudicado, deberá decir a quen, xa que debe ter información privilexiada que a mesa de contratación descoñece ou ó mellor xa sabe a quen se vai adxudicar, o que resultaría especialmente grave e moi propio da conducta dos socialistas”, conclúe o deputado provincial.