Partido Popular de Lugo

O PP ASEGURA QUE O GOBERNO DE ZAPATERO NON FIXO NADA POLA PROVINCIA NOS SEUS PRIMEIROS CEN DÍAS

Lugo, a 24 de xullo de 2008.- “Unha clara e manifesta falta de compromiso coa nosa provincia”. Deste xeito manifestáronse hoxe os representantes no Congreso e no Senado do Partido Popular pola provincia de Lugo na rolda de prensa convocada para facer balance dos primeiros 100 días de goberno que preside Rodríguez Zapatero. 

Os senadores José Manuel Barreiro, Armando Castosa e María del Carmen Gueimunde e os deputados Joaquín García e Raquel Arias foron taxantes na valoración do que deron de sí os primeiros 100 días do Goberno socialista en Madrid: A provincia de Lugo non sacou ningún beneficio da actividade realizada polo executivo que lidera Zapatero. 

Barreiro foi máis aló: “A día de hoxe non se levou a cabo ningún avance nas infraestructuras prometidas polos socialistas durante a campaña electoral. Non se adxudicaron, por exemplo, ningún dos tramos pendentes de autovías ou do AVE que discurren pola nosa provincia e que xa estaban incluidos e comprometidos no Plan Galicia”. 

O senador popular tamén se referiu á especial incidencia que na provincia de Lugo ten a crise económica que está a vivir o país. “Lugo é a provincia de España coa media de salarios e pensións máis baixa de España e tamén, para desgracia de todos os lucenses, a que ten que soportar a maior taxa de inflación”. 

NADA QUE CELEBRAR.- Unha “mala situación” que, ó seu entender, non dá pé a “celebrar nada e menos os primeiros 100 días dun Goberno que non é capaz de adoptar medidas encamiñadas a atallar esta situación”. Para Barreiro, o feito de que, por primeira vez en tres anos, as arcas do Estado teñan un saldo negativo debería “facer reflexionar a Rodríguez Zapatero e provocar un drástico cambio de rumbo na política económica do Goberno”. 

Neste contexto o senador popular tamén fixo referencia “ó mensaxe autocompacente” lanzado a principios desta semana polo número dous dos socialistas, o lucense José Blanco, que, segundo indicou, “debe ter mala conciencia da súa actuación porque se lle ve moito por Lugo”. “Pese a que encabezou a lista por Lugo, non o vexo moi disposto a vir a quí e facer balanzo do que deu de si o traballo do seu partido nesta provincia”, engadiu.  

“O Goberno, ó contrario do que dixo o Sr. Blanco, non está a actuar ante a crise nin con realismo, nin con determinación, nin con confianza”, dixo. “Achacar a un problema de comunicación a desconfianza e preocupación que están a manifestar todos os cidadáns deste país pola situación económica é dun cinismo absoluto. O verdadeiro problema que antes ou despois, queira ou non queira, terá que asumir o Sr. Blanco e o Goberno socialista é que non saben facer as cousas e que, ante a situación existente, non foron capaces de establecer un plan de choque efectivo”, engadiu Barreiro.  

NIN AVE NIN APOIO OS SECTORES BÁSICOS.- Joaquín García concretou o abandono do que está a ser obxecto Lugo en dúas cuestións “moi representativas, aínda que non as únicas”. 

Segundo indicou, o Goberno socialista fala agora de “restablecer” (non antes de final de ano) o servicio diurno de TALGO  Lugo-Madrid, “pese a que ata non hai moito non o consideraban necesario porque xa ía chegar o AVE. Pero o AVE non chegará nas datas previstas e agora decátanse do evidente: que, mentres non dispoñamos de alta velocidade, hai que potenciar o que había, o ferrocarril taradicional. E esquecen, con premeditación e porque evidentemente non lles interesa recoñecelo, que esa proposta foi realizada polo Partido Popular, que a consideraba tan importante que incluso formaba parte do noso programa electoral das pasadas eleccións xerais”. 

García Díez fixo fincapé ademais na “pouca sensibilidade” amosada polo Goberno socialista cos graves problemas que están acuciando ós sectores pesqueiro e agrogandeiro da provincia. “Non foron capaces sequera de sentarse cos representantes dos colectivos afectados para escoitar as súas demandas. E só cando sairon á rúa a manifestarse e despois de terse reunido cos responsables do Partido Popular accederon a elo”, explicou o deputado popular. 

“A estas alturas, sen embargo”, segundo engadiu, “o Goberno de Zapatero aínda non estableceu ningunha medida de axuda directa para estes sectores”. 

A tamén deputada nacional Raquel Arias suliñou que, a pesar de que ningunha actividade ou sector está exenta da grave crise económica, o Goberno está a demorar o tratamento de iniciativas presentadas polos populares para, na medida do posible, suavizar o grave perxuizo que a situación xeral está a provocar. 

Puxo coma exemplo as propostas levadas ó Congreso polo PP para tentar paliar as drásticas consecuencias que a entrada en vigor da nova  OCM do viño provocará na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, entre as que se inclúe a petición de que se poñe en marcha un Plan de Desenvolvemento específico para esta zona vitivinícola que engloba unha parte importante das provincias de Lugo e Ourense. 

305 INICIATIVAS.- Os representantes do PP por Lugo en Madrid tamén fixeron un somero análise do traballo que desenvolveron durante o tempo transcurrido de lexislatura. Así, segundo salientaron, presentaron unha media de tres iniciativas diarias.

En total, o número de propostas presentadas polos populares ascenden a 305, das que 141 corresponden ó Congreso e 164 ó Senado.

Os senadores e deputados populares indicaron asimesmo que ó Goberno de Zapatero non se está a caracterizar pola súa axilidade no tratamento das iniciativas presentadas, algunas de singnificada transcendencia para a provincia, nin sequera por dar respota, en prazo, as preguntas que lle formulan sobre as máis diversas cuestións, a meirande parte delas que atinxen ademais directamente á Lugo. 

Neste senso aportaron o dato de que o 90 por cento das 202 preguntas escritas  formuladas en ambas cámaras aínda están pendentes de resposta.    

Pese a todo, amosaron a súa disposición a seguir a traballar pola defensa dos intereses da provincia de Lugo e de todos os lucenses.