Partido Popular de Lugo

O PP CONSIDERA INSUFICIENTES AS MEDIDAS ADOPTADAS PARA PALIAR A CRISE DO SECTOR PESQUEIRO

Burela, a 23 de xullo de 2008.- Os representantes do PP, o europarlamentario popular Daniel Varela; o voceiro popular de Pesca no Congreso, Joaquín García Díez, e o seu homónimo no Parlamento Galego, José Manuel Balseiro, xunto coa senadora  María del Carmen  Gueimunde e voceiro adxunto na Deputación e voceiro do PP en Burela, José María González Barcia, mantiveron hoxe unha reunión no porto de Burela co sector pesqueiro deste concello e da comarca da Mariña en xeral para analizar e coñecer de primeira man a situación na que se atopa o sector. 

Previamente á celebración deste encontro, os populares ofreceron unha rolda de prensa na que valoraron negativamente a proposta común para este sector presentada por varios países da Unión Europea, entre eles España, que incorpora medidas de urxencia e acompañamento, estructurais, axudas de mínimos, así como unha mención á organización do mercado e comercialización dos productos. Para o PP esta proposta non servirá para resolver os problemas do sector e considera que os obxectivos que nel se marcan poden ser mellorables.

Peor é a calificación que lle dan os representantes populares ó documento de traballo realizado pola Comisión e ó posterior acordo do Consello de Ministros europeos de Pesca do pasado dia 15, para facer fronte á crise do gasoil, xa que parte das propostas presentadas inicialmente non están incluídas nel.

 

 

 

O GPP no Congreso foi o primeiro en reunirse co sector pesqueiro e tamén o primero en presentar importantes iniciativas parlamentarias. Para o voceiro popular Joaquín García, só despois destas actuacións e das posteriores movilizacións, “o Gobierno comenzou a escoitar ó sector, ainda que non a liderar as súas demandas en Europa como si está a facer Francia”.

Segundo os representantes do PP, no que se refire ó goberno español e ó da Xunta, hai que lamentar tamén a “desaparición absoluta”  durante a crise tanto da ministra coma da conselleira.

A ministra e o seu secretario de Mar estiveron, ó entender dos populares, esquivando de todos os xeitos posibles o problema e só baixo a presión e a coación conseguiron que o sector volvese a faenar. Pero, segundo recalcaron, sen resolver nin un só aspecto dos que marcan a orixe desta grave crise.

Os populares lamentaron asimesmo a ausencia total de diálogo fructífero co sector por parte da conselleira de Pesca e o propio presidente Touriño, ó que acusaron de tratar con desprecio os afectados.