Partido Popular de Lugo

O GPPP PIDE Á DEPUTACIÓN QUE DEMANDE A CREACIÓN DE CINCO NOVAS UNIDADES XUDICIAIS PARA LUGO

Lugo, a 23 de xullo de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular presetou unha moción na Deputación para a súa aprobación no vindeiro pleno na que insta a administración provincial a que demande da Consellería de Xustiza que solicite ó Goberno Central a creación de cinco novas unidades xudicais en Lugo. Trátase, en concreto, dun Xulgado de Violencia contra da Muller e dun Xulgado de Familia en Lugo capital; dun Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción en Sarria; a creación dun novo partido xudicial con sede en Ribadeo cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción; así como a creación dunha praza de maxistrado na Sección do Civil da Audiencia Provincial e un xuiz de apoio en Chantada. 

Todas estas medidas deben poñerse en marcha para, segundo o PP, desconxestionar e reducir os retrasos e dilacións das que son obxecto os procesos xudicias en Lugo. 

Para o GPPP resulta “urxente” cubrir as necesidades que a provincia ten en materia de xustiza, ó tempo que considera  “lamentable” que o Goberno galego, pese a coñecer as deficiencias e carencias que ten Lugo, só propuxera para este ano a creación dun xulgado, concretamente o Contencioso Administrativo nº 2 na capital, que principiará a funcionar o vindeiro mes de decembro.