Partido Popular de Lugo

O PPdeG PRESENTARÁ UNHA EMENDA Á LEI DE PESCA PARA “POÑER A CERO” AS CONCESIÓNS DAS BATEAS

Santiago, 15 de xullo de 2008.- Despois de celebrar diversas reunións con representantes do sector mexilloeiro galego nas que puido constatar que o sentimento unánime dos bateeiros coincide no desexo de aproveiar a nova lei de Pesca para poñer de novo as “concesións a cero”, como xa sucedera coa lei doe 1993, o voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro Orol, presentará unha emenda neste sentido.

Deste xeito, o PPdeG  traballará para que na tramitación parlamentaria da nova lei de Pesca aprobada a pasada semana polo Consello da Xunta se introduza unha reforma que permita que os actuais titulares volvan contar para as súas concesións cun novo prazo de 30 anos, o período  máximo que permite a lei de costas de 1998. 

A emenda que presentará o Grupo Popular incluirá unha disposición transitoria, idéntica á da lei autonómica de 1993, en vigor ata que se promulgue a nova norma, para “contar desde cero” os prazos das concesións.

Lembra o PPdeG que, daquela, a Lei de Pesca de Galicia de 1993 foi recorrida, na súa práctica totalidade, ante o Tribunal Constitucional polo Goberno central, un Executivo do que, como agora, formaba parte o actual vicepresidente segundo e ministro de Economía, Pedro Solbes. Sen embargo, o alto tribunal recoñeceu a que a práctica totalidade da lei era constitucional, botando poo terra as pretensións do Goberno central socialista.

 

 

FALTA DE VONTADE POLÍTICA DO BIPARTITO.- Coa emenda anunciada hoxe, o PPdeG tratará de corrixir a falta de vontade política amosada polo Goberno bipartito que, de ter interese en apoiar ao sector mexilloeiro xa podería ter incluído no seu texto as demandas dos bateeiros.

 

 

Balseiro Orol avanza tamén que o PPdeG  traballará tamén na elaboración de cláusulas adicionais que tratará de incorporar á referida lei para favorecer a estabilidade económica e as perspectivas de futuro dos titulares das bateas asentadas na costa galega. 

Paralelamente, o Grupo Popular proporá a reforma da lei de Costas do Estado de 1988 parar aumentar considerablemente o prazo máximo de 30 anos establecido para as concesións das explotacións de acuicultura a flote, incentivando así os investimentos no sector e outorgando unha maior estabilidade aos concesionarios.