Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE TODAS AS ACCIÓNS DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN ACUMULAN RETRASO

Lugo, a 15 de xullo de 2008.- O GPPP manifestou hoxe que  “a política de ventas da Deputación entra en declive, xa que non se sostén por ningún lado que se estea predicando as bondades dos acordos das xuntas de goberno cando a vagancia é tal que todas as decisións acumulan un considerable retraso”.

Para o grupo popular “é unha tomadura de pelo” e “unha egolatría” que se veña agora decindo que “o bigoberno fai, cumple, da pasos importantes, etc., cando todo é mentira. E é mentira porque outros anos, por estas datas, xa estaba resolta a concesión de subvencións, por exemplo, para comunidades veciñais”. 

O PP recoñece, sen embargo, que as áreas do BNG “andiveron algo máis áxiles, dentro do considerable retraso, porque as bases que a eles lles corresponde facer estaban listas dende hai tres meses, e tiveron que agardar polo PSOE, que vai a paso de tartaruga”.

Para o GPPP un exemplo claro do “enome esforzo socialista” na Deputación é o plan de conservación de estradas do presente ano 2008. “Tanto traballaron que non foron capaces, no que vai de ano, de levar á Xunta de Goberno ningún proxecto de conservación da rede viaria provincial para o presente ano, co que estas actuacións, primordiais para manter a rede viaria provincial en condicións de uso e de seguridade, se van demorar moito máis do previsto”, aseguraron os populares, que auguran que “en breve” sairá o Sr. Martínez decindo que se farán e dando incluso prazos. Pero o problema, ó enteder do PP, non é ese: “O verdadeiro problema é que os proxectos xa se tiñan que ter aprobados”.