Partido Popular de Lugo

O GPPP RECOMÉNDALLE A BESTEIRO QUE PECHE A DEPUTACIÓN POR VACACIÓNS

Lugo, a 12 de xullo de 2008.- O GPPP manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que Gómez  Besteiro debe pechar a Deputación por vacacións, “visto o pouco  aforo que teñen as xuntas de goberno o, polo tanto, constata a falla de dedicación e gañas de traballar”.

O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, fai esta condiración a tenor do “éxito” de convocatoria da Xunta de Goberno do pasado día 4 de xullo á que só asistiron, ademais de Besteiro, “cousa rara”, segundo puntualizou, Bao, Gato e Polín.

“Faltaron cinco: Vega Buján (que non vén prácticamente nunca), Lara Méndez (que se está aficionando a latar con certa reincidencia), Roel e Martínez (dous pesos pesados teóricos que “pasan” bastante), e Sotuela (que pola contra acostuma a asistir regularmente)”, explicou. 

Para Barcia, a actitude do equipo de goberno da Deputación resulta xa “un escándalo”, porque todos os que faltaron teñen dediciación exclusiva ou parcial e, polo tanto, cobran por asistir ás xuntas de goberno. “Non é serio que se cobre dos cartos de todos os veciños desta provincia por non facer nada”, engadiu.

Na opinión do GPPP, “se a primeiros de xullo a cupo de ausencia é tan abultado, xa podemos imaxinarnos o que pasará en agosto. Podemos entender que alguén se vaia de vacacions, pero dase a circunstancia de que agora mesmo non está de vacacións ningún dos que se ausentaron”.

Ó entender dos populares, o Presidente Besteiro tén dúas opcións: ou pechar a Deputación vacacións ou dar un golpe na mesa e exercer, dunha vez por todas, coma presidente e esixirlles ós seus deputados que asistan, con el á cabeza, porque o exemplo que se está a dar é lamentable”.