Partido Popular de Lugo

O GPPP LAMENTA QUE AS SÚAS SOSPEITAS SOBRE O PAGO DO CANON ENERXÉTICO SE CUMPRAN

Lugo, a 12 de xullo de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular califica de “discrimatoria e inxusta” a decisión do equipo de goberno da Deputación de deixar fora do seu plan de obras aqueles municipios que vaian percibir o pago do canon enerxético. 

Para os populares “as previsións e temores” xa reiteradamente eXpresadas no que atinxe ó pago da débeda do canon hidroeléctrico “vense desgraciadamente cumplidos co anuncio realizado onte polo deputado encargado da área de cooperación cos concellos Antonio Gato”.

Na opinión do PP “non é de recibo que, despois de que os responsables da administración provincial se apuntaran como principal e único tanto do seu primeiro ano de goberno o pago do canon, o cumprimento, segundo lles gusta decir, dunha débeda histórica, que, dito sexa de paso, non é máis que cumprir cunha sentencia xudicial que a elo obriga, a utilicen como excusa para eliminar ós concellos afectados da lista dos incluidos no plan de obras da Deputación”.

“A argumentación empregada polo propio Antonio Gato desacredita”, ó enteder dos populares, “a boa disposición que os actuais xestores da Deputación dicían ter á hora de abonar a débeda acumulada polo canon eléctrico”. Insisten en lembrar, ademais, que dende o Partido Popular xa alertaran desta posible situación. “Uns temores que, desgraciadamente, á primeira de cambio vense confirmados”, engaden. 

“É inaceptable que a Deputación diga agora que varios concellos da provincia vanse quedar sen inversións importantes en infraestructuras, como dende a propia institución se recoñece, que lles permitirían compensar o déficit que teñen nesta materia e que os axudaría a situarse, cando menos, en igualdade de condicións con outros cun maior número de habitantes, porque xa van recibir cartos pola vía do pago da suposta débeda histórica”.

O GPPP pregúntase cómo é posible que o abono dos cartos do canon poda utilizarse agora como argumento para deixar sen inversións a uns concellos ós que lexítimamente lle corresponden.

Dende o PP aseguraron tamén que “deste xeito mal camuflado o único que fai a Deputación e crear outra débeda que, polo seu descaro, xa se pode calificar tamén de histórica”.