Partido Popular de Lugo

A XUNTA PUBLICA UNHA LISTA DE ESPERA ARTIFICIAL QUE IGNORA A MILES DE ENFERMOS QUE AGARDAN MÁIS DE UN ANO E EXCLÚE A TODOS OS QUE SE TOPAN CON AXENDAS PECHADAS

Chantada, a 11 de xullo de 2008.- A lista de espera feita pública hoxe pola Xunta carece de credibilidade ao ollos dos usuarios da sanidade pública chantadina, xa que ignora aos centos  de enfermos que deben agardar máis de un ano para someterse a probas diagnósticas ou consultas de especialidade, ao tempo que non contabiliza a outro elevado número de persoas que nin sequera poden conseguir cita en atención especializada por toparse con axendas pechadas. 

A SANIDADE CENTRA AS QUEXAS RECIBIDAS POLO PPdeG.- Máis da metade das queixas recibidas nas oficinas parlamentarias postas en funcionamento polo PPdeG en diferentes localidades da xeografía galega, entre elas a da Comarca de Chantada, teñen que ver co mal funcionamento da sanidade pública, ben polas demoras excesivas ás que se ven sometidos os pacientes para probas diagnósticas, consultas ou intervencións cirúrxicas, ou pola imposibilidade de acceder a unha cita dada a frecuencia coa que lles responden que non é posible atender a súa petición pola existencia de axendas pechadas para determinadas consultas ou exploracións.

O problema vese agravado no verán, polo ausencia de médicos sustitutos, o que está provocando retrasos e saturacións nos centros de saúde.

 

 

De entre as preocupacións da cidadanía Chantadina, a sanidade ocupa un lugar importante. A valoración da saúde, os procedementos para mantela e –no seu caso- recuperala o máis axiña posible, son aspectos que se teñen en conta, e máis en poboacións medianas ou pequenas como os Concellos da Comarca de Chantada.

 

Coa chegada do bipartito ó goberno da Xunta de Galicia, a Consellería de Sanidade está a ter uns comportamentos difíciles de entender, critícanse actuacións de gobernos anteriores, como fixo recentemente en Chantada María José Rubio, pero non se poñen sobre a mesa actuacións alternativas que melloren o que se estaba a facer.

Dende a oficina Parlamentaria de Chantada e a través de varias iniciativas no Parlamento de Galicia solicitaremos o reforzo do PAC de Chantada, cuestión de xustiza debido o envellecemento da poboación así como a despersión poboaciónal, co que se fai absolutamente insuficiente un só médico para as gardas.

 

Outro dos exemplos que merecen atención por parte da administración autonómica e que recentemente en Chantada se lle comunicou a unha muller embarazada a punto de dar a luz que de poñerse de parto en fin de semana debería ser derivada a Lugo, ante a imposibilidade de ser atendida no seu hospital de referencia que é o Comarcal de Monforte de Lemos e ónde se lle fixo o seguimento de todo o embarazo.

 

 

Ademais na oficina Parlamentaria de Chantada se ten posto de manifesto o malestar social indiscutible polas listas de espera na atención primaria, en algúns casos o Centro de Saúde chantadino acumula un retraso nas citas de ate unha semana.