A Mariña, 10 de xullo de 2008.- O Partido Popular de Lugo cree que o PSOE perderá unha oportunidade única se no transcurso da xuntanza que o Grupo Parlamentario Socialista ten previsto realizar no día de mañá en Sargadelos, non se fala de asuntos que de verdade interesan á nosa comarca. Os populares animaron aos parlamentarios socialistas a “falar da Mariña e do que interesa aos mariñás”, e emprazaron aos membros do PSdeG “a adoptar compromisos concretos respecto daqueles asuntos que están a converterse en cuestións estratéxicas para o desenvolvemento da nosa comarca”.
Así por exemplo, dende o Partido Popular provincial insta aos deputados socialistas na Cámara galega a explicar o progresivo deterioro do sistema sanitario público tanto na atención primaria como na atención urxente e hospitalaria. Xunto a iso, demandan unha explicación do PSOE ante a falta de execución dos investimentos no treito autonómico do corredor da costa “que viuse reducido dunha previsión de investimento de 37 millóns de euros a tan só 3,7 millóns, é dicir en máis dun 90%”. Os populares lucenses esixe tamén que os socialistas xustifiquen a pouca sensibilidade da Xunta de Galicia cun sector tan importante na nosa comarca como é o da pesca ou, finalmente, reclaman un compromiso máis contundente ante a falta de implicación da Xunta de Galicia na mellora e reestruturación dos servizos xudiciais, a promoción de vivenda a prezos accesibles ou demandas sobre as que parecía existir un principio de acordo, promovido polo PpdeG, como son a apertura do dique norte de Alcoa ou a dotación dun maior equilibrio no seo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria.
ABANDONO DAS APOSTAS ESTRATÉXICAS.- En opinión dos representantes do PP lucense, os preto de catro anos de xestión bipartita na Xunta de Galicia evidenciaron “o esquecemento da comarca da Mariña lucense”. O devandito olvido estivo materializado, de xeito máis evidente, no deterioro dos servizos públicos que a administración autonómica presta na nosa comarca e no práctico “abandono” –por parte do Executivo do PSOE e do BNG,- “das apostas estratéxicas máis importantes cara o futuro”.
Un dato revelador desta realidade, subliñado desde o PP lucense e que, pese as reiteradas demandas desta formación política o PSOE aínda non explicou porque a Mariña lucense recibirá preto de 3,5 millóns de euros menos da Xunta de Galicia que os que recibiu o ano pasado. Falamos dun caída no investimento real do 15,55% e, se nos remontamos ao último ano do Goberno popular, esta redución do compromiso inversor é un 37,22% menor.
LAVADO DE IMAXE.- O Partido Popular lucense, en todo caso, quere dar a benvida aos deputados do grupo socialista que, no día de mañá teñen previsto reunirse en Sargadelos “parece ser que, aínda que sexa por un día, lembraron que A Mariña existe”. En opinión do dos populares lucenses “non sería aceptable que o Grupo Parlamentario Socialista traslade as súas xuntanzas á Mariña, co único obxectivo de dar unha imaxe de proximidade, e despois non sexan capaces de falar daquelo que alí importa.” Neste senso, o Partido Popular emprazou ao PSOE a “deixarse de shows e pasen á acción: Menos propaganda e máis traballo pola Mariña”.