Lugo, a 10 de xullo de 2008.- O senador lucense José Manuel Barreiro valorou hoxe os seus primeiros 100 días na Cámara Alta como unha experiencia altamente gratificante no persoal e no político pero negativa no que atinxe ó nulo compromiso detectado por parte do Goberno central coa provincia de Lugo.
No que atinxe á segunda valoración, argumentou a súa crítica indicando que da veitena de preguntas formuladas para a súa resposta por escrito durante o mes de xuño, 17 non obtiveron resposta durante o prazo fixado para elo pola normativa da Cámara Alta, 20 días hábiles.
Na opinión de Barreiro, o desinterese amosado polo executivo que lidera José Luis Rodríguez Zapatero por facilitar a información requerida pon de manifesto a falla de compromiso do PSOE con Lugo, dado que a maioría das iniciativas presentadas referíanse á marcha de infraestructuras relevantes para o desenvolvemento económico da provincia ou dos sectores productivos básicos que están a pasar por unha dura crise.
A batería de iniciativas á que fai referencia o senador lucense están encamiñadas a defender os intereses da provincia de Lugo nunha dobre dirección como xa anunciara Barreiro no seu día. Por unha banda, a fiscalización “estricta e firme” de todas as promesas realizadas polo Partido Socialista durante a pasada campaña electoral; pola outra, a presentar cantas iniciativas sexan precisas para “favorecer os sectores productivos básicos da economía da provincia”.
Entre elas, Barreiro salientou que o Goberno non deu explicacións sobre as medidas a adoptar ante a grave crise que están a sufrir os sectores lácteos e cárnicos; sobre a apliación da Lei de Dependencia en Lugo, ou sobre o estado no que se atopan diversas infraestructuras vitais para o desenvolvemento da provincia. Entre estas últimas atópase a Autovía do Cantábrico da que o senador lucense quería saber se segue vixente a previsión de finalizar a obra en 2008; a autovía Chantada-Monforte, cuxo remate estaba previsto para o 2010; a Autovía Lugo-Ourense, que deberían estar acabada no horizonte do 2008-2010, e a Lugo-Santiago, que tamén estaba previsto que estivera operativa no mesmo período que a anterior.
Os prazos de execución dos tramos do AVE Ponferrada-Monforte, Lugo-A Coruña e Lugo-Ourense, e do AVE do Cantábrico, así como o estado do tramo de competencia estatal do corredor San Cibrao-Barreiros ou en cando se fixa a apertura ó tráfico comercial do dique norte do porto de San Cibrao, ou as medidas que se adoptarán para reducir a alta siniestralidade que presenta o tramo da N-642 conocido como o Alto de Mañente, situado no concello de Foz, son outros dos asuntos, entre outros, sobre os que o Goberno non deu resposta.
FALLA DE CONCRECIÓN.- Unha das tres preguntas de José Manuel Barreiro que si obtiveron resposta non cumpriu as expectativas agardadas, polo que presentará unha moción para o seu debate en comisión sobre o mesmo asunto.
O senador lucense interesábase polo grado de execución da obra pública en Galicia e na provincia de Lugo durante o primeiro trimestres de 2008, do que, segundo o compromiso do Consello de Ministros do pasado 18 de abril, íanse facer informes trimestrais.
Na súa resposta, o Goberno di que dado o curto prazo de tempo transcurrido dente a aprobación por parte do Consello de Ministro do paquete de medidas para estimular a actividade da construcción mediante a mellora da obra pública e o impulso da construcción de vivendas protexidas, o estado das obras públicas aínda non foi sometida a análise da Comisión delegada do Goberno para Asuntos económicos. Para o senador lucense esta resposta pon de manifesto que o Goberno incumpre a súa propia palabra, xa que o compromiso era o de dar conta cada tres meses do grado de execución das medidas fixadas.
UN CENTENAR DE INICIATIVAS.- No que se refiere ó balanzo xeral do seu traballo, José Manuel Barreiro indicou que presentou no Senado durante estes primeiros 100 días coma senador un total de 94 iniciativas. Oito son mocións, entre as que salientou as referidas á chegada do AVE a Galicia e á grave crise na que está sumida a economía do país; 41 a preguntas por escrito e 45 a preguntas orais, xa sexa en pleno ou en comisión.
Indicou asimismo que tivo a oportunidade de intervir en dúas ocasión no pleno en calidade de voceiro de Economía. Unha para preguntar ó ministro Pedro Solbes sobre a valoración que facía sobre o último informe elaborado polo Deutsche Bank no que se afirma que o axuste do sector da construcción pode durar cinco anos; e a outra para preguntarlle ó titular de Industria Miguel Sebastián pola sustancial baixada (un 24,3 por cento) que experimentou a venda de vehículos durante o pasado mes de maio en España.
UNHA CRISE EN TODA REGRA.- A grave crise na que está inmersa a economía española centrou tamén, segundo indicou, boa parte das iniciativas presentadas. Barreiro criticou o feito de que, metres todos os indicadores e todos os organismo tanto nacionais como internacionais confirmaban a existencia dunha crise en todo regra, dende o Goberno insistiron en negalo. “O Presidente nin sequera o recoñeceu durante a súa comparecencia ante o Congreso e houbo que agardar a hai uns días para que nun despiste pronunciara a palabra crise. E o peor non é que non a recoñecera, que é xa de por si moi grave polo engano ó que pretendía someter á cidadanía, senón porque non se adoptaron as medidas correctoras cando tocaba”, explicou.
O voceiro económico dos populares no Senado indicou neste senso que as accións realizadas ata o momento son de “pouco calado ou de parcheo”, que non logran poñer freno á caída da nosa economía.
Barreiro puxo de manifesto que esta crise non é só resultado da coxuntura internacional, que si é un factor que incide, e insistiu en sinalar que dende o Grupo Popular “estamos dispostos a traballar e a propoñer as iniciativas que consideremos necesarias para salir desta situación”.
“Dende logo evitar dar a cara, como fixo o ministro Solbes ó negarse a comparecer ante o Senado ata o vindeiro mes de setembro por, segundo el, problemas de axenda, non é a mellor maneira de atallar o problema”, engadiu.