Lugo, a 8 de xullo de 2008.- O GPPP, encabezado polo seu voceiro José Manuel Barreiro, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para facer balanzo do primeiro ano do equipo de goberno da Deputación que preside José Ramón Gómez Besteiro.
Os populares tacharon de “pobre” e de “pouco eficaz” o traballo desenvolvido ata o momento polo bipartido e botaron en falla o cumprimento dalgunhas das promesas realizadas polo Presidente na súa toma de posesión. O voceiro do GPPP José Manuel Barreiro lembrou tamén que os antecedentes de Besteiro non son precisamente os “dun home traballador, xa que en oito anos non foi quen de aprobar o PXOM de Lugo”.
Así, segundo indicou durante a súa intervención, a cooperación cos concellos que ía constituir un dos principios básicos da administración provincial concretouse principalmente na paralización de obras por importe de 50 millóns de euros que estaban comprometidas polo anterior equipo de goberno. Co agravante, ó seu enteder, de que estas iniciativas estaban especialmente dirixidas para os municipios que dispoñen de menos recursos para precisamente compensar esa deficiencia presupuestaria e favorecer o seu desenvolvemento socioeconómico.
Unha cuestión que, pola súa relevancia, motivou que o GPPP solicitará a celebración dun pleno extraordinario monográfico, que non logrou que o equipo de goberno clarificara a súa postura ó respecto e non se comprometeu a executalas. O equipo de goberno rexeitou unha moción posterior na que o PP instaba á Deputación a elaborar un calendario cos prazos previstos para a súa realización.
Tampouco se fixo nada para mellorar o servicio de recollida selectiva de lixo no medio rural, e eso que foi unha promesa feita nun pleno polo grupo socialista.
No que atinxe ó segundo principio aludido por Besteiro na súa investidura, a proximidade á cidadanía, dende o PP non se atopa nada novo agás a “gran operación de marketing” coa que calificaron o programa bautizado coma Km 0.
A apertura á cidadanía debe entenderse, segundo os populares, como algo máis amplo e de maior calado e non coma unha mera xornada de portas abertas permanete. “De realmente querer percorrer esta senda, o lóxico sería achegar a administración ós veciños coa apertura de oficinas provinciais no norte e no sur da provincia”, indicou Barreiro, quen puxo de exemplo o que vai facer a Deputación de Pontevedra na cidade de Vigo.
No que se refire ó principio de transparencia e neutralidade, ó entender do GPPP, habería máis ben que redenominalo como oscurantista e partidista. Así, segundo lembraron, Besteiro comprometérase a visitar antes de finais de 2007 todos os concellos de Lugo e a entrevistarse cos 67 rexidores locais. A realidade é que eses encontros non se celebraron en boa parte dos municipios e que, casualmente, a maioría dos que faltan están gobernados polo Partido Popular.
Nada se sabe tampouco da conferencia de alcaldes que dixo ía convocar nin do debate sobre o estado da provincia.
Os populares consideran ademais que non pode falarse de neutralidade cando a primeira persoa que entrou na Deputación en visita oficial foi o Secretario de Organización do Partido Socialista Obreiro Español.
Sobre o cuarto principio enarbolado por Besteiro, o referido ó respeto á pluralidade política, o voceiro dos populares na Deputación indicou que se éste se restrinxe a ter ó grupo maioritario como convidado de pedra nos órganos consultivos ou a cambiar os estatutos da Fundación Tic para na vez de dous representantes ter só un, pouco ou ningún avance se fixo neste asunto. O certo é que non hai ningunha vía de diálogo establecida coa oposición, que ben podería facerse a través dunha reunión periódica da Xunta de Portavoces, que só se reuníu unha soa vez.
42 INICIATIVAS DOS POPULARES.- José Manuel Barreiro tamén se referiu de xeito específico ó traballo realizado polo Grupo Provincial Popular. Así, salientou que neste ano o PP presentou 42 iniciativas (20 mocións, 18 preguntas e 4 rogos) que contrastan frontalmente co feito de que nin PSOE nin BNG levaran ningunha proposta ó pleno.
Fixo especial fincapé nas oito mocións que foron aprobadas, todas elas de gran relevancia para a provincia, como pode ser o caso da petición de que se cree un xulgado de violencia de xénero en Lugo, a apertura do dique norte do porto de Alcoa ó tráfico comercial, o plano de igualdade ou a referida á promoción dos productos típicos da provincia.
Barreiro tamén se referiu “a contradicción de pareceres” das dúas formacións que integran o goberno da Deputación e dixo “non comprender” como o PSOE puido absterse nas mocións nas que se instaba ó Goberno central a concretar os prazos da chegada do Ave a Galicia ou ó mantemento do primeiro ciclo da ESO nos sete concellos da provincia nos que foi suprimido.
O voceiro popular califocou asimesmo de inexplicable que os equipo de goberno provincial rexeitaran apoiar as iniciativas populares tendentes a regular o precio do peixe ou a defender o sector primario da provincia que está a pasar por un dos momentos máis críticos dos últimos anos.
PLENOS VACÍOS DE CONTIDO.- Dos 12 plenos (dous deles extraordinarios) celebrados pola corporación provincial durante este ano, poucos foron os asuntos de trascendencia incluidos na orde do día polo equipo de goberno. Polo que dende o Grupo provincial popular enténdese que foi o que asumiu, coa presentación das súas iniciativas, o peso das sesións.
AUSENCIAS DE BESTEIRO.- Para os populares este primeiro ano na Deputación caracterizouse pola falta de traballo e de dedicación dos integrantes do equipo de goberno e calificaron de “sangrante” as súas ausencias nas xuntas de goberno. “Baste como mostra desta situación o feito de que o Sr. Besteiro non presidiu o 45 por cento das xuntas celebradas ata o momento”, recalcou José Manuel Barreiro.
O GPPP nota sen embargo unha maior capacidade para resolver e propoñer asuntos por parte dos nacionalistas, como o demostra que o propio GPPP votara a favor das bases para a concesión de axudas culturais e deportivas a asociacións.
Por último, os populares considera que este ano foi un ano perdido para a resolución dos problemas cotiáns dos veciños e veciñas da provincia de Lugo: os lucenses sofren a desidia e a deixadez no aocondicionamento de estradas; os colectivos e asociacións ven como se demora o pago das subvencións do Plano de Colaboración con comunidades veciñais, especialmente nas áreas de competencia socialista; os cidadáns perciben unha demora infinita para a resolución administrativa de, por exemplo, unha autorización para facer un muro ou un obra nun solar lindante cunha propiedade da Deputacion, etc. Todo elo é froito da falla de rigor no traballo e da ausencia de preocupación polo día a día de Gómez Besteiro, máis interesado na súa promoción dentro do PSOE ca en buscar o mellor para a provincia, segundo salientaron dende o PP.
“As cousas non van mellor porque un socialista presida a Deputación, sinxelamente non van”, concluiu Barreiro.