Viveiro, a 7 de xullo de 2008.- Os deputados autonómicos Manuela López Besteiro e José Manuel Balseiro Orol, acompañados polo presidente local do PP de Viveiro, César Aja, e polo voceiro municipal, Guillermo Leal, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para criticar a situación na que se atoparán os nenos de educación infantil afectados pola decisión da Consellería de Educación de suprimir as escolas unitarias de Landrove e Xunqueira e trasladalos ó colexio San Roque.
Para os representantes populares non é admisible que a Xunta, que tanta propaganda fai da conciliación da vida laboral e familiar, á primeira de cambio, encamiñe os seus feitos na dirección contraria ó seu predicamento.
Así, segundo salientaron, a Consellería de Educación coa intención de aforrar cartos no transporte escolar, na vez de establecer un transporte independente para os nenos de infantil trasladados ó centro San Roque, o unifique co colexio Lois Tobío que ven, ademais, de aprobar a xornada única para o vindeiro curso escolar. Unha xornada que, polo tanto, é incompatible coa de San Roque polo que o horario deste último verase modificado co conseguinte perxuizo para os nenos afectados.
Así, o horario do colexio de Infantil San Roque quedaría de 09.50 a14:50. Para o PP resultará excesivo para os escolares de tres anos ter cinco horas seguidas de clase, co agravante de que aqueles meniños que teñan transporte, ó saír ás 14:50 acabarán chegando as súas casa preto das 16:00 e ese, na súa opinión, non parece un horario moi axeitado para comer.
Tamén puxeron de manifesto os respresentantes do PP que a estes nenos tampouco se lles ofertou comedor gratuíto coma hai no Lois Tobío, segundo os criterios que marca, ademais, a propia Consellería.
Salientaron asimismo que ata o momento o transporte no Colexio de Infantil San Roque pagábano os pais, xa que se argumentaba que a ensinanza infantil no era obrigatoria. A Consellería cambiou agora de criterio e considera que si teñen dereito a este servicio pero éste debe coordinarse co centro ó que están adscritos, é dicir, o Lois Tobío.
Resaltaron asimesmo que Educación está aforrando cartos co transporte. De feito durante o ano 2007 o aforro ascendeu a un millón de euros, que, para colmo, se adicaron a outras cuestións menos prioritarias.
Lembraron tamén os populares que o transporte gratuíto non é ningún favor, xa que a Consellería teno que poñer obligatoriamente ó suprimir as escolas unitarias de Xunqueira e Landrove.
Ante estes feitos, o PP lembra que a Conselleira de Educación prometeu que nesta lexislatura tódolos nenos terían dereito a comedor, pero a realidade é que este ano estanse reducindo as prazas.
A Imposición da Xornada única no Colexio de Infantil San Roque resulta aínda más escandalosa porque a Conselleira acaba de publicar unha orde de xornada única na que se recollen os requisitos. Así, parte de que teñen que ser consultados os pais, teñen que estar dacordo alomenos o 58%. Neste caso non están dacordo a inmensa maioría e a Conselleira non o respeta.