Partido Popular de Lugo

O GPPP LEMBRA QUE O NOVO BARCO DO CANÓN DO SIL FOI UNHA ADQUISICIÓN DO ANTERIOR EQUIPO DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN

Lugo, a 5 de xullo de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular congratúlase de que a actuación en materia turística da Deputación deixara de restrinxirse á reiterada presentación dun power point, no que só se fala de intencións e non se concreta nada, para, por fin, proceder á facer algo pola promoción turística da provincia, dirixida especialmente neste caso á Ribeira Sacra, coa botadura do novo barco que surcará o canón do Sil. 

Os populares, aínda que lembran que a posta en funcionamento deste barco (como o resto dos catamaráns), ademais de acumular un retraso considerable, pon de manifesto, unha vez máis, que os prazos que anuncia o Presidente Besteiro non se cumpren, amosan a súa satisfacción pola entrada en servicio da embarcación.

 

Dende o Grupo popular tamén se recalca que o feito de que o novo equipo de goberno da administración provincial aposte polas rutas dos embalses como un reclamo turístico a potenciar leva implicito o recoñecemento de que esta idea e o traballo desenvolvido ó redor dela polo anterior equipo de goberno provincial era o axeitado. 

Os populares, ante esta realidade, consideran que non estaría de máis que tanto o Presidente Besteiro como a vicepresidenta terceira Vega Buján tiveran verbas de recoñecemento para a laboura dos seus antecesores no cargo. Lembran, neste senso, que a compra e o pago desta nova embarcación foi efectuada polo equipo que encabezaba Francisco Cacharro e que o pouco feito ata o de agora polo novo goberno en materia turística non é máis que continuar a senda marcada por el.