Partido Popular de Lugo

O PP ASEGURA QUE UN “MÁXIMO RESPONSABLE” DO PSOE DE FOZ CONFIRMOU QUE ESTABAN “EN CONTACTO” CON LUISA PRIETO

Foz, a 3 de xullo de 2008.- O Secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, xunto cos tres concelleiros do Grupo municipal en Foz, encabezados polo seu voceiro Angel Cao, compareceron esta tarde en rolda de prensa para negar as declaracións realizadas onte por Luisa Prieto. 

Así, Cao asegurou que un membro do equipo de goberno focense “ó máis alto nivel” lle asegurou que estaban “en cotacto” con Prieto. Deste xeito, dende o PP, insitiron en que a edil “minte” canto di que a súa ausencia da sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos municipais debíase a discrepancias internas. Recalcaron, de feito, que en ningún momento e en ningunha reunión mantida polo grupo municipal popular fixera mención algunha a calquer tipo de discrepacia. 

Dende o PP lamentaron que Prieto intentara onte xustificar a súa actitude, que calificaron de “desleal”, con este argumento “de tan pouco peso” e que non responde, ademais, á realide. 

Angel Cao insistiu en que “dende o PP nunca estivemos en contra da realización da obra de Cangas á que ela alude”. 

Explicou asimesmo que Prieto comunicoulle que non ía acudir á sesión plenaria o mesmo luns ás 10 da mañá. Unha situción que, segundo indicou o voceiro municipal popular, puxo en coñecemento de xeito inmediato da dirección provincial do partido. 

José Manuel Balseiro indicou neste senso que “Luisa Prieto era coñecedora das consecuencias que a súa decisión ía ter”. Así, segundo dixo, o mesmo día do pleno mantivo dúas conversas telefónicas con ela nas que a instou a asistir á sesión e a votar o que acordara o grupo municipal. 

Cao e Balseiro salientaron asimesmo que Luisa Prieto participou “en todas e cada unha das reunións” que se celebraron cos membros do equipo de goberno para abordar a negociación dos orzamentos ás que asistiu o voceiro popular. Polo que, segundo recalcaron, “tamén neste punto é falso todo o que dixo”.