Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE A DEPUTACIÓN ESQUECE Ó CONCELLO DE CERVO POR RAZÓNS PARTIDISTAS

Cervo, a 3 de xullo de 2008.- O portavoz adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares denunciaron hoxe que a Deputación tén esquecido ó Concello de Cervo por razóns “claramente electorais e partidistas”.

Para Villares e Barcia, tal esquecemento queda perfectamente visualizado no “lamentable” estado que presenta a estrada Burela-Vilastrofe-Rúa,  desde o o cemiterio municipal de Burela ó punto kilométrico 5’4. “As obras paráronse o verán pasado, ninguén se preocupou dela durante o inverno, e a situación da estrada a día de hoxe é peor ca de hai un ano”, explicaron. 

O rexidor de Cervo instou á administración provincial a que se axilicen os trámites da indicada estrada, que foi adxudicada polo anterior equipo de goberno da Deputación.

Na opinión de Villares, ter paraliza a obra durante un ano “é unha desconsideración cos veciños do Concello de Cervo”. Como tamén o é, segundo salientou, que nos orzamentos da Deputación do presente ano non se incluira unha partida de 200.000 euros para a realización do saneamento en Espiñerido, Casas Novas e Madeiro, “que deberían estar xa executados, en virtude dun convenio asinado co anterior presidente da Deputación antes do cambio de goberno provincial”.

Alfonso Villares apelou á vinculación xurídica do convenio e amosouse, pese a todo, confiado en que a obra saia adiante e que finalmente sexa incluida nos orzamentos de 2009.

O rexidor cervense recalcou que non “estamos a pedirlle a Deputación que realice nada novo, só que cumpra co que estaba xa compremitdo e adxudicado polo anterior Goberno da administración provincial”.

González Barcia indicou, pola súa banda, que a vicepresidenta segunda e concelleira socialista en Cervo, Lara Méndez, visitou esta obra ó pouco tempo de asumir as súas responsabilidades na Deputación, “pero só fixo eso, visitala, porque polo demais non se preocupou nin o máis mínimo de axilizar ningún tipo de trámite, o que demostra unha falla de preocupación polos intereses dos veciños de Cervo, que son os máis afectados pola situación da estrada, e ós que debe dar as debidas explicacións”.

Barcia indicou que o anterior equipo de goberno do PP na Deputacion sí cumpliu con Cervo, como o demostra o convenio para a Casa da Cultura de San Cibrao ou o “substancial cambio” da estrada Burela-San Cibrao.

Para o voceiro adxunto do GPPP, ata o de agora o “boísimo” e o “socialismo simpático” de Besteiro non se tén manifestado en nada bo para os veciños de Cervo, máis ben ó contrario: “retrasos e aprazamentos inxustificados de obras importantes para os cidadáns correspondentes con servicios básicos”.

Finalmente, González Barcia fixo mención a dúas cuestións que calificou de “moi relevantes”. A primeira, fai referencia ó feito de que “Besteiro mentiu no pleno de maio cando dixo que todos os convenios estaban incluidos nos orzamentos do presente ano, esquecendo decir que se refería ás áreas gobernadas polo BNG”.

En segundo lugar, segundo indicou, “o Presidente da Deputación tampouco cumplirá a súa palabra con respecto ós desbroces das vías provinciais porque non se levarán a cabo ata agosto. Suliña o deputado popular que ata o pasado día 30 de xuño non se publicaron no DOG os pliegos economico-administrativos para a súa adxudicación, polo que en ningún caso se fará nos prazos previstos, que era o 15 de xullo”.

Barcia insistiu en que a vegetación invade as vías provinciais en todos os concellos da Mariña e da provincia, “o que demostra unha desidia e falla de traballo evidente do Presidente Gómez Besteiro”.