Partido Popular de Lugo

BALSEIRO ACONSÉLLALLE A LAGO LAGE QUE ARRANXE OS PROBLEMAS QUE TEN NA SÚA CASA E NON PRETENDA DAR LECCIÓNS SOBRE XESTIÓN POLÍTICA

Lugo, a 2 de xullo de 2008.- O Secretario xeral do PP lucense José Manuel Balseiro amosouse “abraiado pola temeridade” do seu homónino socialista, Luis Angel Lago Lage, ó pretender dar leccións sobre cómo se ten que dirixir un partido.

 

O Secretario xeral dos populares lucenses recomendoulle neste senso a Lago Lage que “se adique a coidar e a arranxar a súa casa que ben o necesita”. Invitouno, de feito, “a principiar por poñer orde en Burela” onde o PSOE, segundo salientou, “si anda algo revolto” e rocomendoulle que “fale cos seus compañeiros de Foz que ostentan algún cargo no concello” xa que, segundo dixo, “seguramente terán moitas cousas que contarlle e, de telo feito antes, a bo seguro que as súas valoracións sobre o acontecido neste concello terían sido outras”. 

Balseiro tamén indicou que “resulta algo sospeitoso” que o rexidor de Foz concedera nunha mañá máis de mil licencias e que, polo tanto, “resulta comprensible que exista bastante preocupación sobre a súa maneira de actuar dende a Alcaldía”.

 

“Todos coñecemos moi ben a traxectoria política do Sr. Lago Lage e está claro que por onde pasa, arrasa. Agradecémoslle o interese e preocupación pola marcha do noso partido, pero non consideramos que sexa a persoa idónea para regalar consellos enmascarados nun muro de fume, para dar leccións sobre incumprimentos, dado que en Lugo aínda estamos agardando que se cumplan as promesas electorais da pasada lexislatura, ou para presumir de transparencia, porque o tempo acaba sempre por peñer a cada un no seu sitio”, explicou. 

Na opinión de Balseiro “o PSOE non está en condicións de enseñar nada ó PP porque ata o de agora non foron capaces de gañar unhas eleccións en Lugo e se, tras 25 anos non foron quen de asimilar nada, difícilmente poderán aportar algunha ensinanza ós demáis”. 

José Manuel Balseiro lembroulle tamén ó responsable socialista, a quen non dubidou en calificar como “catedrático político fallido”, que ó único logro do que “pode vanagloriarse na súa xa longa carreira política, é a de formar parte da candidatura que en 1999, despois de que o PSOE gañara durante tres lexislaturas seguidas (dúas por maioría absoluta e a tercera por maioría simple), perdera as eleccións municipais en Cervo”.