Partido Popular de Lugo

O PP ABRE A OFICINA DO DEPUTADO DE VIVEIRO PARA ACHEGARSE AÍNDA MÁIS Ó ELECTORADO

Viveiro, 26 de xuño de 2008.- Alcaldes e voceiros do Partido Popular, entre outros cargos locais da zona incluido o líder do Grupo municipal local Guillermo Leal e o propio Presidente provincial José Manuel Barreiro, participaron hoxe no acto oficial de apertura da oficina do deputado de Viveiro

 

A senadora María del Carmen Gueimunde e o deputado autonómico e Secretario xeral da formación en Lugo José Manuel Balseiro encargaranse da atención deste novo servicio que o Partido Popular pon a disposición dos seus afiliados e simpatizantes, así como a colectivos ou particulares para que plantexen as súas dúbidas, reivindicación ou propostas ou requiran información pormenorizada sobre as iniciativas ou accións levadas a cabo polos populares a nivel autonómico ou nacional.   

Os venres, en horario de 11 a 13 horas, foi a xornada elexida polos respresentantes populares para atender a todas aquelas personas que decidan achegarse a esta oficina ubicada na sede do partido en Viveiro.

 

Barreiro recalcou que a apertura da esta oficina, a segunda da comarca da Mariña xunto coa xa aberta en Ribadeo, casa perfectamente coa filosofía aperturista e de proximidade que está a impusar a dirección provincial. Un plantexamento que ten como finalidade principal alentar o debate e sobre todo a participación de todas aquelas persoas, estén integradas na formación ou non, interesadas en contribuir a facer un proxecto político no que teñan cabida todas as sensibilidades.

 

Neste senso, animou a cidadanía en xeral a facer uso deste servicio e a transmitirlles todas as súa inquedanzas ou demandas para que o PP, na medida que sexa posible, poida trasladalas ás administracións competentes.