Lugo, a 25 de xuño de 2008.- O deputado autonómico popular Dámaso López preguntará mañá no Parlamento galego á conselleira de Sanidade sobre unha polémica carta remitida por Miguel Ángel Rodríguez, delegado de Sanidade en Lugo, vía e-mail, a todo o personal desta delegación e da dirección provincial do Sergas.
No correo remitido por Rodríguez (concretamente o pasado día 16 de abril) faise referencia a un comunicado do xefe do servicio de Inspección Médica no que informa a todos os inspectores médicos que teñen prohibido dar partes de incapacidade temporal ós traballadores da Delegación de Sanidade e da dirección provincial do Sergas.
Unha orde que, segundo se indica no referido e-mail, pretende, por unha banda, preservar a confidencialidade no diagnóstico dos procesos causantes desa incapacidade temporal (IT) e, por outra, conseguir que estes procesos formen parte do historial clínico e administrativo do paciente.
Lembra tamén o delegado de Sanidade lucense no seu correo que o médico de cabeceira é o que ten a competencia plena para diagnosticar ó paciente e extender, se o considera oportuno, os partes de ITs, e que Inspección médica pode, de oficio, revisar ese proceso. “Sendo certo que esa é competencia do médico de cabeceira, tamén o é”, recalca Dámaso López, “dos inspectores, recoñecida ademais no decreto 126/1992 do 14 de maio sobre ordenación e funcións da inspección de servicios sanitarios da Comunidad Autónoma Galega e a circular 3/1995 de data 11 do decembro do 1995”.
Ante esto, o deputado popular preguntará mañá á conselleira de Sanidade María José Rubio se o xefe de servicio de Inspección Sanitaria ten competencias para quitar atribucións (mediante prohibicións vía e-mail ou de calquera outra maneira) ós inspectores médicos.
Tamén se interesará por saber se a conselleira ten constancia de que o delegado de Lugo sospeita de que os inspectores médicos da súa delegación non preservan a confidencialidade no diagnóstico dos procesos de IT e, si efectivamente éste é o caso, por qué non se fixo unha investigación ou información previa neste senso.
Dámaso López quere asemesmo que Rubio aclare por qué razón a inclusión das ITs no historial clínico e administrativo do paciente só se restrinxe ó persoal da delegación e da dirección provincial do Sergas e non a todos os traballadores en xeral, e por qué só se aplica na provincia de Lugo.
En opinión do deputado popular é “gravísismo” que tanto o delegado de Sanidade como o xefe de Inspección Sanitaria prohíban ós inspectores médicos a realización das funcións que teñen atribuídas por lei. Razón que leva a Dámaso López a solicitar que con carácter uxente se proceda ó cese do delegado de Sanidade por abuso de autoridade.
Dámaso López tamén se pregunta se este proceder é habitual entre os cargos socialistas en Lugo porque xa hai un precedente deste despropósito contra os facultativos cando o voceiro do PSOE no Concello José Rábade dixo que éstes daban baixas inxustificadas ós policías locais. “Daquela”, salienta, “non se oiu a voz do delegado defendendo a profesionalidade dos médicos”.
“Con estes antecedentes”, asegura, “non é de extrañar que tanto Orozco como o PSOE e incluso UXT non se mostraran conformes co nomeamento como delegado de Miguel Angel Rodríguez. Eles coñeciano ben pero eu tamén dende hai nada menos que 30 anos”.