Partido Popular de Lugo

O PP CRITICA O ABANDONO NO QUE SE ATOPAN OS NÚCLEOS RURAIS DE TRIACASTELA

Triacastela, 24 de xuño de 2008.- A situación de “abandono” no que se atopan os núcleos de poboación de Triacastela, facendo especial énfase na capitalidade municipal, foi un dos asuntos abordados durante a xuntanza celebrada neste municipio polos integrantes do grupo municipal, que encabeza Olga Iglesias, xunto con afiliados e simpatizantes, co Presidente provincial do partido José Manuel Barreiro e o Secretario xeral José Manuel Balseiro.

 

Lembran os populares que, dado que o Camiño de Santiago discurre polo municipio e que incluso na capitalidade poden chegar a pernoctar ata medio millar de peregrinos, o Concello debería preocuparse de ter a ruta en condicións óptimas, en embelecer a vila e en poñer en valor os seus atractivos patrimoniais. Unhas condicións que pasan por facer os pertinentes desbroces e asegurarse de que o firme dos viais esté en condicións axeitadas. Algo que, segundo recalcan dende o PP, non acontece e poñen como exemplo, ademais da propia capitalidade, a situación na que se atopan núcleos como Santa María do Mote ou Viduedo. 

A esto hai que engadirlle o feito de que, tras moito retraso, iniciáronse hai un par de semanas os traballos para dotar de saneamento a capitalidade municipal que ós poucos días suspendéronse á espera de que Patrimonio otorgue o pertinente informe favorable.

 

Dende o PP consideran que, aínda que ésta é unha actuación moi necesaria que levan, ademais, moito tempo reclamando, non resulta demasiado axeitado que se elixa precisamente para facela a época do ano na que a afluencia de visitantes e de peregrinos ó municipio é maior.

No encontro, no que os responsables do partido a nivel provincia e local tiveron a oportunidade de intercambiar ideas e de plantexar unha estratexia conxunta de cara ós vindeiros meses, coa vista posta xa na próxima cita electoral autonómica, e a escoitar as demandas e suxerencias dos afiliados e simpatizantes, tamén sairon a relucir outros asuntos como o Plan Xeral de Ordenación Municipal ou a supresión do primeiro ciclo da ESO.

 

 

PLAN XERAL E CHAN INDUSTRIAL.- No que se refire o PXOM, os populares amosaron a súa preocupación pola retraso que está a acumular a aprobación desta normativa, xa que están paralizadas prácticamente todas as obras que calquer particular queira acomenter no municipio. O feito de que todos os proxectos teñan que contar co visto bo de Patrimonio e a lentitude coa que se están a resolver os expedientes está xerando malestar entre os veciños. Insisten asimesmo na necesidade de dotar de chan industrial ó municipio para facilitar o desenvolvemento empresarial e, polo tanto, a creación de emprego.

 

DESIDIA NA DEFENSA DA ESO.- Unha malestar que se fai extensible tamén ó conflicto xurdido tra-la decisión unilateral da Consellería de Educación de suprimir o primeiro ciclo da ESO e que conlevará o traslado dos nenos afectados ós centros educativos de Sarria.

 

 

Os populares puxeron de manifesto unha vez máis que a supresión deste tramo educativo é unha merma importante de servicios para o concello e preguntáronse qué outro tipo de prestacións terá previsto anular a Xunta porque, en vista dos antecedentes, parece que a política que está a desenvolver o Goberno que preside Touriño é a de dificultar o máis posible a vida no medio rural. Uns feitos cos que, segundo salientaron, parece que pretenden animar á xente a abandoar as aldeas na vez de potenciar a fixación da población nelas. 

Cristicaron asimesmo a desidia que, ó seu entender, presidiu a actitude do alcalde da localidade e dos seus concelleiros, que en ningún momento fixeron forza para defender os intereses dos veciños.