Lugo, a 24 de xuño de 2008.- O deputado nacional do PP pola provincia de Lugo e voceiro de pesca do Grupo Parlamentario no Congreso, Joaquín García Díez, ten mañá unha axenda moi cargada no Congreso dos deputados.
Na comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca defenderá unha Proposición non de Lei relativa á mellora das condicións dos inspectores de pesca da súa autoría, e máis na defensa das enmendas que presenta a distintas iniciativas do PSOE e o BNG relativas á situación que atravesa o sector pesqueiro.
Joaquín García Díez acabará a xornada cunha interpelación urxente ó goberno, na que intervirá á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, para esixir solucións estables para paliar a crise gandeira, agrícola e pesqueira.