Partido Popular de Lugo

O PPdeG PEDIRÁ Á CONSELLERÍA DE PESCA QUE RECONSIDERE O CONTIDO DO ANTEPROXECTO DE LEI DE PESCA PARA EVITAR EXPROPIACIÓNS ENCUBERTAS DE BATEAS

Santiago, 23 de xuño de 2008.- O Grupo Popular de Galicia defenderá no Pleno do Parlamento desta semana unha proposición non de lei para instar á Xunta a mudar o criterio recollido na redacción actual do anteproxecto de lei de Pesca para facilitar a renovación das concesións mediante un procedemento de información pública consistente en publicar o anuncio do Diario Oficial de Galicia. 

A proposta será defendida polo voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, por entender que se trata dunha alternativa viable desde o punto de vista xurídico e que responde á realidade dun sector profundamente preocupado ante a expropiación encuberta de bateas que plantexa a redacción actual do anteproxecto de lei elaborado polo Executivo bipartito. 

Despois de facerse público un ditame xurídico encargado polo Grupo Popular e que desautoriza as limitacións á transmisión de bateas que plantexa a Xunta no seu proxecto lexislativo, o Grupo Popular recibiu un elevado volume de consultas de profesionais do sector interesados en coñecer a literalidade dese informe. Neste escenario, o PPdeG decidiu publicar o contido do ditame na súa páxina web (www.ppdegalicia.org), na que estará dispoñible a partir da xornada de hoxe.