Partido Popular de Lugo

O PP CRITICA QUE A XUNTA DECIDIRA DE XEITO UNILATERAL O TRASLADO DO CENTRO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DE LUGO

Lugo, 23 de xuño de 2008.- A voceira de Igualdade do Grupo Popular no Parlamento Galego, Susana López Abella, e a concelleira Sofía López Linares criticaron hoxe en rolda de prensa a decisión de trasladar o Centro de Atención Temperá sen previo aviso, sen contar coa opinión dos pais nin ter en conta cal sería a mellor opción. Estas declaracións fixéronas tras manter unha reunión cos pais e as nais dos nenos afectados que lles puxeron de manifesto o seu disguto polo proceder da Administración.

Así, segundo explicaron os proxenitores dos nenos afectados a través de María Luz López que actuou como voceira, o que fixo a Xunta foi distribuir os profesionais adscritos ó centro, que  estaba ubicado nunhas dependencias que compartía co departamento de avaliación de discapacidade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, en tres lugares diferentes. Así, o fisioterapeuta e o terapeuta ocupacional están nos locais de Polusa e nunhas dependencias inaxeitadas xa que non se axustan ás necesidades derivadas do traballo que están a realizar. Ó igual que a logopeda, que comparte consulta cun traumatólogo. 

O médico rehabilitador pasa consulta en inspección médica e o psicomotricista está de baixa dende que lle  comunicaron o tralado sen que ata o momento teña sustituto.

Tamén puxeron de manifesto que hai un servicio deficiente de autobuses adaptatados para poder acudir ás consultas. Neste senso salientaron que o autobús adaptado para minusválidos da línea que ten parada preto do Polusa pasa cada catro horas, cando o lóxico, dadas as circunstacias é que fixera, cando menos, o percorrido cada hora.

Ante estas circunstancias, as familias insistiron en puntualizar que, ó contrario do que din os responsables da Consellería, non se levou a cabo un traslado senón a desmembración dun servicio.

Unha segmentación que, segundo lembraron, iniciouse a finais de 2007 cando se procedeu a trasladar o médico rehabilitador, que é o encargado de coordinar os tratamentos que reciben os pacientes, así como avaliar os seus resultados, e que conleva consecuencias moi graves: non se contempla, por exemplo, nin un tempo nin un espacio para que os diferentes especialistas se reúnan para poñer en común a información que teñen sobre cada paciente e valoren a súa evolución. 

Recalcou María Luz López asimesmo que as previsións máis optimistas indican que o novo hospital, onde finalmente se ubicará este centro, non rematarán ata dentro de un ano e medio e as realistas, ata dentro de tres. Un tempo demasiado longo, segundo aseguraron, para poder aguantar a situación actual.

SERVICIO DISCRIMINATORIO.- Tanto os proxenitores como as representantes do PP fixeron especial énfase en que Lugo está a ser discriminado en comparación con outras provincias. 

Así, a composición do equipo de Atención Temperá de Lugo é, ademais de insuficiente, deficiente en comparación cos outros: No equipo de especialistas non se inclúe un asistente social (para tramitacións de axudas técnicas, subvencións…), nin psicólogo infantil nin foniatra.

Asemade, os pacientes lucenses non teñen acceso a determinadas terapias complemetarias para as cales deben desprazarse á Unidade de Atención Temperá de A Coruña. Tampouco dispoñen de Neuropediatria polo que deben acudir ó Juan Canalejo (A Coruña) ou ó Hospital Clínico (Santiago) para facer as revisión e salientaron, ademais, o feito de que a unidade de Pacientes Especiais de Odontoloxía tamén está en Santiago. 

Outra das discriminacións que mencionaron fan referencia ó número de sesións ás que pode acudir cada un dos nenos adscritos a este servicio. Así, mentres en Pontevedra poden acudir cinco días á semana, e en calquera das outras unidades de Atención Temperá están garantidas cando menos dúas sesións semanais, en Lugo, dende que se iniciou a desmembración do servicios, hai nenos que pasaron de dúas sesións á semana a só unha.

MÁIS RESPETO.- A xuízo de Susana López Abella, as necesidades especiais dos máis de 40 nenos e nenas que son atendidos neste centro xustificarían unha actitude máis respectuosa por parte dos responsables da Vicepresidencia da Igualdade do Benestar, que, na súa opinión, “tamén neste tema volveron facer gala da súa arrogancia habitual”. 

A deputada popular fixo tamén referencia a que cando tivo coñecemento do caso presentou varias iniciativas no Parlamento para pedir explicacións. Así, reclama que a Xunta remita ó Parlamento un informe sobre as circunstancias que rodean este traslado e que se den explicacións sobre as razóns que levaron a Vicepresidencia da Igualdade a tomar esta decisión sen ter falado antes coas familias afectadas.

INICIATIVAS NO CONCELLO.- Por outra banda, esta mesma mañá a concelleira popular, Sofía López Linares, segundo explicou, presentou un rogo na  Comisión Permanente Ordinaria de Muller para que o Concello faga as xestións oportunas diante do Goberno autonómico para dar unha solución inmediata  ó problema xurdido. 

Sofía López Linares lamenta a falta de sensibilidade por parte do goberno socialista ante a problemática destes corenta cativos. “Desentendense á hora  de buscar un novo local” ó servizo que se presta ós afectados, xa que en propias palabras da concelleira socialista,    “é máis que suficiente ata que chegue o outro hospital”.

López Linares  explicou que “mentres non entre en funcionamento a unidade para estes cativos no novo hospital de San Cibrao, hai que buscar unha nova ubicación que reúna condicións para que todos os profesionais que traballan nel (tanto psicomotricista, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional…) presten servizo nunhas únicas dependencias. Hai que evitar que os nenos teñan que deambular por distintos puntos da cidade”.

López Linares expresou o seu disgusto pola forma coa que se cambiou a ubicación “utilizouse a desculpa de montar o servizo de valoración da dependencia sen dar unha alternativa unificada nun só centro  ós afectados”.