Partido Popular de Lugo

MIGUEL ANGEL CASTRO ASUMIU A PRESIDENCIA DO PARTIDO POPULAR DE PEDRAFITA

Pedrafita, 20 de xuño de 2008.- Miguel Angel Castro Alba foi elexido onte presidente da xunta local do Partido Popular de Pedrafita durante unha asamblea xeral convocada para tal fin á que asistiu o Secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro.

 

Acompañan a Castro Alba na nova executiva Jesús González García (voceiro do Grupo Municipal Popular), Manuel Castro Núñez, Jesús Santón, Francisco Fernández e Manuel Feijoo.

José Manuel Balseiro amosouse convencido de que as rendas do Partido Popular neste concello están en boas mans e que eso se traducirá na revitalización da formación política e na mellora dos seus resultados electorais. 

O secretario xeral dos populares lucenses salientou en Pedrafita a relevancia do proceso de renovación das xuntas locais que se está a acometer na provincia co obxectivo de “aglutinar a todos aqueles que teñan interese, vontade política e gañas de traballar por e para o noso proxecto político ”. 

Balseiro defendeu a “política aperturista” que está a impusar o partido a nivel provincia “hacia dentro e hacia fora” e que ten a firme aspiración de lograr a aproximación a sectores de poboación que tradicionalmente non se atopan na órbita política do Partido Popular. “Entre todos temos que facer un partido máis plural, aberto a todas as sensiblidades, acorde cos tempos. Un partido, en definitiva, totalmente renovado, cunha mensaxe e cun equipo de persoas que sexan o fiel reflexo do contexto no que vivimos”, dixo.