Partido Popular de Lugo

O PP PRESENTA UNHA DECENA DE INICIATIVAS NO CONGRESO PARA A DEFENSA DO SECTOR VITIVINÍCOLA

Monforte, a 19 de xuño de 2008.- Os deputados nacionais do Partido Popular por Lugo e Ourense, Raquel Arias e Jesús Vázquez, foron recibidos esta mañá polo presidente do Consello Regulador da D. O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, para manter unha xuntanza na que se interesaron pola situación actual que está a vivi-lo sector do viño e para darlle a coñecer as iniciativas que ata o momento presentaron no Congreso en defensa dos viticultores da Ribeira Sacra. 

Jesús Vázquez  referiuse, no transcurso dunha rolda de prensa posterior, á “política de marketing” que, a seu xuízo, realizan dende o Partido Socialista diseñando cuestións que non levan a cabo en referencia ó Plan Estratéxico do viño ou ó Observatorio de Turismo do Viño. 

Os cambios derivados da nova Organización Común de Mercado (OCM) do viño, cuxa entrada en vigor está prevista para o vindeiro 1 de agosto, traerá consigo, segundo estimacións dos propios sindicatos agrarios,  perdas de mais de 13 millóns de euros para os 6.000 viticultores da Ribeira Sacra, e eso só no que atinxe á devaluación do valor dos dereitos históricos. 

Así, dende o PP consideran que a depreciación dos dereitos históricos das viñas e das fortes inversións que fixeron moitos viticultores para a adquisición de novos dereitos, traerá consigo ademais unha posible depreciación do prezo da uva e a aparición de intereses empresariais alleos ó viño como elemento dinamizador da economía e a sociedade. 

Tamén preocupa os populares a maior flexibilidade na etiquetaxe, e en xeral, consideran que a liberalización do sector que impulsa a OCM non introduce  medidas que potencien os viños de calidade e as súas zonas específicas de producción, xa que se sustentan sobre medidas que prexudican gravemente as Denominacións de Orixe e potencian os viños e viticultura non amparada. 

A isto hai que engadir o feito de a D. O. Ribeira Sacra exténdese polos territorios máis envellecidos de España, en zonas nas que as características orográficas do terreo prácticamente imposibilitan os cultivos alternativos e, á vez, dificultan as labores vitícolas e encarece enormemente a producción, o que non aporta boas expectativas de cara ó futuro.  

PAISAXE EXCEPCIONAL.- Salientan dende o PP que precisamente estas características do terreo e o seu aproveitamento paracultivo da vide fai que a paisaxe desta zona sexa excepcional, o que lle valeu recoñecementos e fortes proteccións medioambientais  como a Rede Natura 2000 ou a reciente de “Paisaxe protexida”. Polo tanto é clara e decisiva a contibución da vitivinicultura á conservación da biodiversidade, á protección do medio ambiente e á preservación do patrimonio cultural e natural. 

Todo o anterior fai preciso, a xuízo do PP, un tratamento específico para a D. O. Ribeira Sacra  que compense as especiais dificultades de producción e garanta a competitividade e a súa superviviencia. 

A deputada, Raquel Arias, explicou que polos motivos expostos e tendo en conta que a propia OCM do viño dá ós estados membros a posibilidade de establecer medidas compensatoria en territorios concretos e que o propio documento estatal español “Estratexia Viño 2010” (para a súa aplicación no período 2007-2010), no eixo estratéxico 1, inclúe a necesidade de favorecer o mantemento dos cultivos en zonas tradicionais onde está estreitamente ligado ó medio ambiente e ó mantemento do tecido social, cun forte impacto na economía rural, o PP solicitou no Congreso que o Goberno do Estado, en colaboración coa Xunta de Galicia e os concellos leve a cabo: 

A posta en marcha dun plano de desenvolvemento propio para a Ribeira Sacra que inclúa , entre outras actuacións, medidas de formación e apoio á incorporación dos mozos ó sector vitivinícola, axudas para facer fronte ós gastos adicionas  xerados polo mantemento da paisaxe cultural e a renda perdida por este concepto, así como apoios á comercialización, restructuración e reconversión de viñedos e apoio ás iniciativas innovadoras no sector.

Pola súa parte, Jesús Vázquez, subliñou que estas mesmas reclamación serán extensibles a tódalas denominacións de orixe da provincia ourensá.  O presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez,  agradeceu ós deputados a súa preocupación e sinalou que se precisa o apoio de todos para estas zonas especiais que requiren tamén medidas especiais. 

Ademais, os deputados populares por Lugo e Ourense teñen presentado no Congreso as seguintes preguntas relacionadas coa viticultura: 

1.    Que criterios de reparto orzamentario adoptará o Goberno da nación tendentes a contribuir á potenciación das D.O.s de Galicia, así como á mellora da estructura productiva e da competitividade dos viños con D.O.s, e a creación de emprego? 

2.    Que medidas de discriminación positiva adoptará o Gobierno, dentro dese reparto orzamentario, con respecto ás zonas vitivinícolas de montaña, históricamente desfavorecidas?

3.    Que medidas adoptará o Goberno tendentes á reconversión e reestructuración do viñedo (reestructuración yerelocalización varietal de viñedos baixo D.O.s) que supoña una priorización e reforzamento dos módulos da viticultura de montaña?

4.    ¿Adoptará o Goberno algunha medida tendente a garantir  período de vixencia dos dereitos de plantación en Galicia ata o ano 2018 como mínimo?

5.    Que medidas lexislativas adoptará para garantir que as D.O.s de Galicia sigan gozando do control do potencial productivo despois de 2018?

6.    Qué medidas vai a adoptar de cara a garantir a veracidade das variedades de uva utilizadas na elaboración de vinos elaborados fora das súas denominacións de orixe e expresados no seu etiquetado?  

7.    Que medidas vai a adoptar  de cara a garantir a calidade dos viños elaborados fora das denominacións de orixe?

8.    Demandará o Goberno da nación que se exclúa no  etiquetado dos viños sen D.O. as variedades autóctonas  que  veñen reclamando as D.O.s galegas (albariño, treixadura, godello, mencía, torrontés, loureira, caíño, dona branca, brancellao, merenzao, sousón, espadeiro, monstruosa e grao negro)?

9.    Qué medidas adoptará de cara á promoción exterior (centrado no apoio á creación de grupos de exportación, ó desenvolvemento de plans de comercialización e apoio directo á exportación das adegas das D.O.s galegas) dos viños amparados baixo as denominación de orixe galegas?