Partido Popular de Lugo

Feijóo: As contas da gandeiría non cadran a fin de mes e as explotacións están a ser abandonadas

Chantada, 18 de xuño de 2008.- É necesario abrir o diálogo e proceder á constitución dunha mesa de seguimento dos ingresos agrarios, coa participación dos sindicatos agrarios, as cooperativas e todos os sectores afectados, para que non pase o que está a pasar no conflicto da pesca, concluiu hoxe, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, tras reunirse en Chantada cunha veintena de gandeiros da comarca. 

Feijóo afirmou que mentres desde a Xunta estase a dicir que o ano 2007 e o mellor da agricultura e a gandeiría, a realidade é que “cada día máis estanse a abandonar as explotacións gandeiras porque os costes de producción sobrepasan os ingresos e as contas non saen a fin de mes”

 

 

COTA LÁCTEA ABANDONADA.- Os populares galegos solicitan un cambio de rumbo na política leiteira da Ministra Espinosa porque ao rexionalizar o reparto da cota abandonada, o 80% da cota abandonada ten que ficar en cada Comunidade Autónoma e a consecuencia é que as outras CC.AA. non chegan a producir toda a cota que teñen. 

“España importa tres millóns de toneladas de leite de Europa e reducíronse cabezas de gando vacuno de 1,2 a 900.000”. Coa política lactea do goberno o único que se fai e que o gandeiros abandonen as explotacións porque descapitalizase o sector:

Moitos gandeiros galegos investiron os seus aforros na adquisición de cota porque querían medrar e ter futuro. Querían ser máis competitivos pero coas medidas do Goberno socialista, a cota xa case non ten valor. Antes un gandeiro ía pedir un crédito ao banco e a cota lle servía como aval, agora xa non vale nada.

SUBA DO GASOLEO.- Só no último ano, o gasóleo de uso agrario rexistrou un incremento de máis dun 60%. As explotacións galegas soportarán un incremento de custes só por este concepto de máis de 100 M€ con respecto a 2007. 

Pero o incremento de custes de producción non se queda no gasóleo. Os prezos dos fertilizantes continúan o seu ascenso imparable semana tras semana. Son incrementos que nalgúns casos alcanzan o 90% ou incluso o 100% só no último ano. 

 

O sector ten que afrontar unha espectacular suba dos fertilizantes e do gasóleo pero non a pode repercutir nos prezos do leite o da carne. E o máis grave é que mentres os prezos en orixe están conxelados ou incluso baixan aos consumidores lles seguen custando cada día máis.

 

PROPOSTAS.-

Os populares galegos ven de presentar unha proposta no Congreso dos Deputados para axudar na crise do agro e da gandeiria, para que os sector primario non abandone o campo: 

– Recuperación das antigas bonificacións no IRPF do 35% dos gastos no gasóleo, e dos gastos de fertilizantes e plásticos.

 

 

 

 

Rebaixa dos coeficientes dos módulos de rendemento neto das actividades agrícolas e gandeiras (que xa o disfrutan os agricultores). 

– Incremento do chamado “IVE de compensación” dende o 7,5% ao 9% para o sector gandeiro. 

Mellora e potenciación do funcionamento do Observatorio de Prezos do Ministerio -con ampliación dos produtos publicados, escalas de intermediación e marxes en todas as escalas non so en orixe e destino- co fin de reducir a diferenza entre os prezos en orixe e os prezos en destino. 

– E, abrir o DIÁLOGO e proceder á constitución dunha MESA DE SEGUIMENTO dos ingresos agrarios, coa participación dos sindicatos agrarios, as cooperativas e  tódolos sectores afectados.