Partido Popular de Lugo

SUSANA LÓPEZ ENCARGARASE DE ATENDER A OFICINA DO DEPUTADO ABERTA HOXE EN CHANTADA

Chantada, a 17 de xuño de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro asistiu hoxe á apertura oficial da Oficina do Deputado de Chantada, que está ubicada na sede local do partido e que se encargará de atender a deputada autonómica Susana López Abella. 

O horario de atención deste novo servicio, que ten como obxectivo que os afiliados e simpatizantes da formación política, así como colectivos ou particulares, poidan plantexar as súas reivindicacións ou propostas ou requerir información pormenorizada sobre as iniciativas ou accións levadas a cabo polos representantes populares a nivel autonómico ou nacional, será de 18 a 20 horas todos os venres.   

Barreiro salientou durante o acto de apertura deste novo servicio, ó que asistiron cargos do PP da comarca, incluido o voceiro do Grupo municipal popular de Chantada Manuel Varela, o feito de que esta iniciativa fora unha proposta “de aproximación á cidadanía” que naceu en Lugo e que foi tan ben acollida polos responsables do partido a nivel autonómico e estatal que será un dos asuntos a tratar no vindeiro congreso nacional do partido que se desenvolverá entre os día 20 e 22 de xuño en Valencia. 

O líder dos populares lucenses lembrou que a iniciativa foi una proposta realizada pola deputada nacional e alcaldesa de Sober, Raquel Arias, durante a pasada campaña electoral das eleccións xerais. “Foi unha promesa que agora, catro meses despois, cúmprese e non só en Monforte senón en toda a provincia e Galicia, e que se extendera ó resto do Estado”, explicou Barreiro.  

Así, a ponencia de estatutos que se presentará esta fin de semana en Valencia inclúe entre as súas propostas a creación deste tipo de oficinas coma un xeito de que os cargos electos do PP rindan contas ante os cidadáns ós que representan e, de paso, aproveiten as suxerencias e opinións que éstes lle realicen. 

José Manuel Barreiro salientou tamén o feito de que este “plantexamento aperturista” coincide totalmente coa “política de proximidade” que se está a defender e a desenvolver o partido a nivel provincial. “Unha filosofía aperturista na que se alenta o debate e sobre todo a participación de todas aquelas persoas, estén integradas na formación ou non, que estén interesadas en contribuir a facer un proxecto político o máis amplio posible e no que teñan cabida todas as sensibilidades”, engadiu o presidente provincial.