Partido Popular de Lugo

BARREIRO SALIENTOU HOXE NA INAUGURACIÓN DA OFICINA DO DEPUTADO DE RIBADEO QUE ESTA INICIATIVA, XURDIDA EN LUGO, IMPLANTARASE EN TODO O ESTADO

Ribadeo, 16 de xuño de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro arroupou hoxe a apertura da Oficina do Parlamentario de Ribadeo, a terceira que abre as súas portas na provincia, tra-la de Monforte e Lugo, e a que se sumará mañá a de Chantada. 

A senadora María del Carmen Gueimunde e o deputado autonómico José Manuel Balseiro encargaranse da atención deste novo servicio que o Partido Popular pon a disposición dos seus afiliados e simpatizantes, así como a colectivos ou particulares para que plantexen as súas dúbidas, reivindicación ou propostas ou requiran información pormenorizada sobre as iniciativas ou accións levadas a cabo polos populares a nivel autonómico ou nacional.   

Os venres, en horario de 11 a 13 horas, foi a xornada elexida polos respresentantes populares para atender a todas aquelas personas que decidan achegarse a esta oficina ubicada na sede do partido en Ribadeo. 

Barreiro salientou durante o acto de apertura deste novo servicio, ó que asistiron cargos do PP da comarca, incluido o voceiro do Grupo municipal popular de Ribadeo José Carlos Rodríguez Andina, o feito de que esta iniciativa fora unha proposta “de aproximación á cidadanía” que naceu en Lugo e que foi tan ben acollida polos responsables do partido a nivel autonómico e estatal que será un dos asuntos a tratar no vindeiro congreso nacional do partido que se desenvolverá entre os día 20 e 22 de xuño en Valencia. 

Así, a ponencia de estatutos que se presentará neste encontro inclúe entre as súas propostas a creación deste tipo de oficinas coma un xeito de que os cargos electos do PP rindan contas ante os cidadáns ós que representan e, de paso, aproveiten as suxerencias e opinións que éstes realicen.