Partido Popular de Lugo

BARREIRO INTERÉSASE NO SENADO POLOS PRAZOS DO AVE A GALICIA E A CRISE ECONÓMICA NA QUE ESTÁ SUMIDO O PAÍS

Lugo, a 14 de xuño de 2008.- O senador José Manuel Barreiro presentou sendas mocións na Cámara Alta para o seu debate en comisión e pleno sobre a chegada do AVE a Galicia e o grave crise na que está sumida a economía do país. 

Na primeira, Barreiro insta ó Goberno a comprometer prazos reais e concretos para a chegada da Alta Velocidade ferroviaria a Galicia tras as “sorprendentes” declaración da ministra de Fomento Magdalena Alvarez durante a súa comparecencia no Congreso o pasado día 5 de xuño.  

As perlas empregadas pola Sra. Ministra para referirse ó AVE galego  como que cada vez que me hablan de plazos se me ponen los pelos de punta, que llegan los obreros pero nunca se saben cuando se van, que el ritmo de las obras dependerá de cuestiones medioambientales, que las obras siempre están sujetas a incidentes inesperados como la climatología o que es imposible precisar los plazos del AVE gallego resultan preocupantes e, sobre todo, poñen de manifesto, unha vez máis, a súa falta de compromiso e incluso de respeto hacia todos os galegos”, asegurou o senador lucense.  

Barreiro lembra que no ano 2004 houbo un compromiso de todos os grupos políticos no Congreso para concretar os prazos da finalización das obras de todos os treitos do AVE en Galicia e que éste nin se cumpliron nin, “a tenor do dito por Magdalena Alvarez”, se van a cumplir. “É preciso que o Goberno aclare qué vai a facer”, engadiu. 

Na segunda moción que presentou Barreiro instase ó executivo a que presente, no prazo de tres meses, un informe cun diagnóstico realista da situación económica que está a vivir o país e presente un Plan estratéxico con medidas e propostas concretas que levará a cabo para atallala. 

“O Goberno de Zapatero ainda non recoñeceu a crise e emprega todos os sinónimos existentes no diccionario con tal de non chamar as cousas polo seu nome. É básico recoñecer o problema para tentar solucionalo”, explicou Barreiro. 

PREGUNTAS ORAIS.- José Manuel Barreiro tamén presentou varias preguntas orais para obter resposta en comión ou en pleno sobre diferentes asuntos.

Relacionado con sector primario, preguntará cáles son as “fórmulas alternativas” que está a buscar o Goberno para axudar ó sector pesqueiro e agroganandeiro a compensar a subida do precio do gasoleo. 

Quere saber tamén se o ministro de Economía cree que non debe trasladarse á sociedade toda a información relativa á situación económica que está a vivir o país como recentemente asegurou o Presidente do Goberno. 

Interesarase asemesmo sobre o cálculo que ten o Goberno sobre o incremento do número de desempregados, qué medidas adoptará para compensar a destrucción dos empleos indirectos derivado da crise da construcción e que actuacións adoptará a tenor de que o paro entre os traballadores estranxeiros incrementouse un 67,2 por cento por esta causa. 

Dado o aumento do paro, o senador popular  tamén interrogará ó Goberno sobre cómo prevé financiar o incremento previsto nas prestacións por desemprego e cómo vai a repercutir esta situación na previsión do superavit. 

As medidas que adoptará o executivo ante a rebaixa progresiva das previsión do PIB para este ano e sobre a evidente pérdida de confianza do consumidor ou en que consiste o paquete de “reformas estructurais” en materia económica que anunciou o Presidente Zapatero para antes do verán, serán outros dos asuntos sobre os que se interesará José Manuel Barreiro. 

Quere saber ademais se o Goberno comparte as previsións dos expertos que aseguran que a caída do mercado da vivenda prolongarase en España ata o 2011, e en que se basa o Secretario de Estado de Economía e Presupuestos, Carlos Ocaña, para asegurar que as cuentas estatais acabarán o ano “en equilibrio” ou o propio Ministro de Economía para afirmar que as contas estatais acabarán o ano con superávit.