Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR ABRE A OFICINA DO DEPUTADO DE LUGO CO OBXECTIVO PRIMORDIAL DE ACHEGARSE O MÁIS POSIBLE Ó ELECTORADO

Lugo, a 13 de xuño de 2008.- A Oficina do Deputado de Lugo abriu hoxe as súas portas na sede do Partido Popular de San Marcos coa “clara vontade de achegarrnos o máis posible ós nosos afiliados e simpatizantes pero tamén a todos os veciños”. 

Encargaranse de atender este servicio os representantes lucenses do PP en Madrid e Santiago da circunscripción de Lugo, é dicir, José Manuel Barreiro, Joaquín García Díez, Jaime Castiñeira, Manuela López Besteiro e Isabel García. O día establecido para elo son os venres en horario de 11 a 13 horas. 

A apertura desta oficina ten como obxectivo facilitar o contacto directo dos representantes populares cos seus votantes ou cos cidadáns en xeral que queiran interesarse polo traballo que realizan en Santiago e en Madrid e, sobre todo, para recoller as súas inquedanzas, demandas ou suxerencias. Deste xeito o Partido Popular de Lugo pretende, coa aportación de todos, que as iniciativas que presenta ante o Goberno do Estado e de Galicia se axuste o máis posible as peticións ou reclamacións que plantexen os veciños. 

Un plantexamento que coincide totalmente coa política de proximidade que se está a defender e desenvolver dende o Partido Popular de Lugo dende que a actual executiva provincial, que preside José Manuel Barreiro, se fixo cargo das rendas do partido. Unha filosofía aperturista na que se alenta o debate e sobre todo a participación de todas aquelas persoas, estén integradas na formación ou non, interesadas en contribuir a facer un proxecto político no que teñan cabida todas as sensibilidades. 

A de Lugo é a segundo das sete oficina destas características que se poñerán en marcha na provincia que abre as súas portas despois de facelo a de Monforte a pasada semana. A de Ribadeo abrirase oficialmente o vindeiro luns e o martes a de Chantada.