Partido Popular de Lugo

BARREIRO ASEGUROU HOXE QUE É UNHA FALTA DE RESPETO QUE TOURIÑO E BLANCO VOLTARAN A PROMETER PARA A MARIÑA O QUE NON CUMPLIRON EN CATRO ANOS

Lugo, a 9 de xuño de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro lamentou hoxe que o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e o Secretario Xeral do PSOE, José Blanco, voltaran “a vender fume” durante un acto celebrado en Cervo esta fin de semana, o que, ó seu entender, “é unha falta de respeto”. 

“Resulta chocante”, segundo indicou, “que prometan unha e outra vez as mesmas cousas e que empeñen nelo a súa palabra cando en Lugo xa todos sabemos que os comprimisos que fixo o Partido Socialista en campaña están aínda por cumplir”. 

Así, na súa opinión, que Touriño diga que a ampliación do Hospital da Costa vai empezar o vindeiro ano resulta xa irónico se se teñen en conta os precedentes. Lembrou neste senso que non hai moito a propia Consellería de Sanidade recoñeceu que non se investiu un só euro da partida orzamentaria que existía nas contas autonómicas de 2007 adicada precisamente a realizar diversas melloras neste centro hospitalario e que ascendía a un millón de euros. 

 “Este é só un exemplo máis do que dende o Partido Popular estamos a dicir dende que o bipartito se fixo cargo da Xunta de Galicia: A Mariña lucense está a ser marxinada”, recalcou.  

“Lembrou neste contexto que PSOE e BNG levan tres anos prometendo que levarían a cabo esta ampliación, e agora, nas portas dunha nova cita electoral voltan a anunciar o mesmo”, engadiu. 

Resulta irónico que Touriño saliente a importancia que ten a comarca da Mariña no desenvolvemento económico de toda a provincia cando, por exemplo, o gasto medio por habitante caeu de 297 euros en 2007 a 251 euros en 2008, o que supón unha disminución  de 46 euros por mariñán ou que A Mariña recibirá preto de 3,5 millóns de euros menos da Xunta con respecto ó que recibiu o ano pasado ( a caída do do investimento real é do 15,55%) e incluso ante a evidencia de que ano tras ano, a Xunta copia e pega as mesmas partidas orzamentarias (reformas no hospital, corredor da costa, acceso ao porto de Burela) sen que ó final chegue a concretarse nunca en nada. 

Unha rebaixa que é aínda máis esaxerada se a inversión que fai a Xunta na comarca se compara cos últimos orzamentos do Goberno do Partido Popular, o do ano 2005, xa que o investimento do bipartito na Mariña é un 37,22% menor que o daquel ano, o que significa 149 euros menos por habitante. 

Outro dos grandes proxectos pendentes é o corredor San Cibrao – Ferrol, e “resulta que agora, tras catro anos sen que se adiantara practicamente nada no tramo estatal desta estrada  e despois de que os orzamentos xerais do Estado dos últimos anos incluiran partidas mínimas, como os 50.000 euros incluidos nos de 2008, veñen a decirnos outra vez que se van poñer máns á obra”, explicou Barreiro. 

No que atinxe ó tramo autonómico, Cervo-Ferrol, “máis do mesmo”. O líder dos populares lucenses lembrou que das partidas previstas nos orzamentos de 2005, 2006 e 2007 “non se gastou nin un só euro”. “É máis”, engadiu, “a partida prevista no 2007 para expropiacións tampouco se executou”. 

“En resume, esta vía está hoxe prácticamente igual que como a deixou o Goberno do PP hai catro anos” co agravante, enfatizou Barreiro, de que “o Goberno de Touriño incumple as súas propias promesas”. 

Así, segundo lembrou, as previsión orzamentarias de 2007, fixaba para 2008 unha inversión para a construcción desta estrada de 137 millóns de euros e de 158 millón no 2009. Pero a realidade é que nos orzamentos de 2008 a partida vese reducida un 90%, ó quedarse en tan só 3,7 millóns de euros; mentres que no que respecta ó vindeiro ano a rebaixa é dun 40 por cento. 

O Presidente dos populares lucenses tamén ironizou coa afirmación de José Blanco de que o AVE chegará a Lugo no 2012. “Parece que Blanco segue empeñado en facernos creer que manda máis que calquer ministro cando demostrado quedou xa que o que el di non vale moito. Pero pese a todo el da datas, que xa resultan tardías, cando a responsable do ministerio evita facelo amparándose na adversa climatoloxía”.