Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PIDE A CREACIÓN DE CINCO UNIDADES XUDICIAIS NA PROVINCIA DE LUGO

Lugo, a 7 de xuño de 2008.- O Partido Popular presentará as iniciativas que sexan pertinentes para acadar a creación de cinco unidades xudiciais na provincia de Lugo. Trátase, en concreto, dun xulgado de Violencia contra a muller e dun xulgado de Familia en Lugo capital; unha praza de maxistrado na sección civil da Audiencia Provincial, así como un xulgado de Instrucción e Primeira Instancia en Sarria e un novo partido xudicial en Ribadeo cun xulgado de Primeria Instancia e Instrucción. 

Os populares piden ademais un xuiz de apoio para o xulgado de Chantada e avogarán asimesmo pola modernización dos sistemas informáticos e a mellora dos reforzos e do procedemento de substitucións temporais. 

Todas estas medidas deben poñerse en marcha para, segundo o PP, desconxestionar e reducir os retrasos e dilacións das que son obxecto os procesos xudicias en Lugo porque, ó seu entender, a “situación que se está a vivir nos xulgados da provincia é caótica”. 

O Presidente provincial do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro, o deputado autonómico Jesús Palmou e o voceiro do Grupo municipal do PP en Lugo Joaquín García demandaron hoxe en Lugo que “se cubran de xeito urxente as necesidades que esta provincia ten en materia de xustiza”, ó tempo que criticaron que os responsables do Goberno galego, “aínda coñecendo as deficiencias e carencias que ten Lugo, dende a Consellería de Xutiza só se propuxera a creación dun xulgado na provincia para este ano”. Fixeron, de feito, referencia ó Real Decreto publicado onte polo Ministerio de Xustiza no que aproba a creación de sete novos xulgados en Galicia, dos que só un, o xulgado do Contencioso Administrativo nº 2, que principiará a funcionar o vindeiro mes de decembro, é para Lugo.   

Durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación, os responsables do Partido Popular fixeron unha pormenorizada análise da situación na que se atopa a xustiza. Así, indicaron que, a 31 de decembro de 2007, nos xulgados e tribunais galegos estaban pendentes de resolución 144.000 casos. Nesa mesma data, estaban sen executar 13.140 sentenzas Penais e 53.661 civís. 

Esto significa, segundo puntualizou Jesús Palmou, que “nos últimos tres anos a pendencia en Galicia incrementouse en máis dun 29 por cento”. 

SITUACIÓN DE LUGO.- Unha situación, “xa de por si preocupante, que é aínda máis grave na provincia de Lugo”, segundo asegurou. Esta afirmación argumentouna o deputado popular cunha retahíla de datos. 

Así, na Audiencia Provincial a finais de 2006, no que atinxe ós asuntos civis, quedaron pendentes 185 casos, o que supon un incremento do 50 por cento. (Abríronse 975 expendientes, había pendentes do exercicio anterior 127 e dictáronse 668 sentenzas e 249 resolucións). 

No Xulgado do Contencioso, das 929 causas abertas no 2006, resolvéronse só 568. Quedaron, por tanto, pendentes 749. 

XULGADO DE VIOLENCIA.- Especial atención mereceu o xulgado de Instrucción con Violencia de Xénero que principiou a súa actividade en 2005. Así, no cuarto trimestre de 2005, contabilizáronse 57 expedientes por delitos; quedaron pendentes 16. 

No que atinxe ó 2006, no primeiro trimestre entraron 56 delitos; quedaron pendentes 24; no segundo, contabilizaronse 40 delitos e dúas faltas e quedaron pendentes os 42 asuntos; no terceiro trimestre, entraron 53 delitos e 2 faltas, dos que 48 casos quedaron sen resolver; no cuarto trimestres deste ano, rexistrouse a entrada de 62 delitos e quedaron todos pendentes. 

Unha situación que se repetiu en 2007. No primeiro trimestre deste ano entraron 73 casos, dos que 27 foron denuncias realizadas directamente no xulgado. Están pendentes 64. 

No segundo trimestre contabilizáronse 50 delitos novos e presentaronse outras 50 denuncias directamente no xulgado. 75 asuntos están pendentes. 

Os datos do terceiro trimestre son: 64 denuncias; 76 delitos e 2 faltas. Quedan pendentes 76 casos. 

No terceiro: 63 denuncias; 63 delitos e 2 faltas. Quedaron pendentes 100 asuntos. 

No primeiro trimestre de 2008 están pendentes 149 asuntos. 

Jesús Palmou indicou ademais que non existe ningún sistema específico de control nin das víctimas nin dos agresores e que tamén se carece dun rexistro de requisitorias e dunha Unidade de Valoración Integral de Violencia.

Tamén fixo fincapé no feito de que Lugo é a única capital de provincia de Galicia que carece de xulgado de Familia, xa que Pontevedra e Ourense contarán con el este ano. Para o PP é fundamental a súa creación no vindeiro ano. 

SARRIA E CHANTADA.- Palmou aportou datos dos xulgados de Sarria e Chantada. Así, no primerio, a finais de 2006, estaban pendentes de resolución 328 casos civís e 484 penais. A demora media sitúase nos cinco anos. 

No caso de Chantada, o deputado popular puxo coma exemplo que no ano 1990 abriuse un proceso penal contra o daquela alcalde de Portomarín, Eloy Rodríguez, que, 19 anos despois, segue sen resolverse. Indicou asimismo que asuntos civís do ano 2000 están pendentes de sentenza e lembrou que en febreiro de 2006 o Director Xeral de Xustiza, durante unha visita que realizou a Chantada, prometeu un xuiz de apoio para facer fronte a esta situación. Unha promesa que, segundo recalcou, aínda non se cumpriu. 

Recalcou neste punto que o pasado ano, no transcurso dunha inspección do Presidente do Tribunal Superior de Xustiza a este xulgado, tamén se anunciou que se poría un xuiz de apoio de xeito inmediato. 

En base a todos estes datos, os dirixentes do Partido Popular aseguraron que “non hai dúbida de que o Goberno central e a Xunta desenténdense da Xustiza e do acordo asinado polo PSOE e o Goberno do PP no ano 2001”. 

Trátase do denominado Pacto de Estado para a Reforma da Xutixa que prevía, nun horizonte temporal de oito anos, establecer unha nova organización judicial, contar co número suficiente de xuices e maxistrados, un novo estatuto de persoal ó servizo da Xustiza, a reforma das leis procesais, a reforma da Oficina Xudicial e mellorar as dotacións, fortalecer a independencia do Poder Judicial; ampliar as competencias das CC.AA. e a dotación dunha partida orzamentaria adicional de algo máis de 1.500 millóns de euros para facer fronte a esta reforma. 

Tras as primeiras medidas de carácter lexislativo levadas a cabo a finais do ano 2003 para a execución do acordo, prodúcese o cambio de goberno no ano 2004 e con elo, explicaron dende o PP, a paralización na adopción das medidas previstas, de forma especial a reforma da Oficina Xudicial e a ampliación de órganos xudiciais na medida axeitada, así como a modernización dos medios de xestión e comunicación nos Xulgados e Tribunais, con aplicación das Novas Tecnoloxías. 

O PP chamou a atención tamén sobre o feito de que o Goberno de Rodríguez Zapatero non adicou nin un euro da previsión adicionar establecida no seu día no mencionado pacto. 

As consecuencias, por estas e outras razóns, e o incremento da pendencia de asuntos nos Xulgados e Tribunais; o incremento do número de sentenzas sen executar (a 31-12-07, en España ascendían a 269.405 as executorias pendentes) e o atasco monumental na xustiza, con retrasos que en moitos casos sobrepasan os 3 anos. 

Tamén criticou a actitude da Xunta. Así, segundo asegurou, “durante tres anos non fixeron nada e agora pretende crear  un libro branco tratando de xustificar a desfeita e para que a xente vexa todo o que tiñan que ter feito e non fixeron para presentalo en plena campaña electoral”.  

O CASO DE MARI LUZ PODRÍA REPETIRSE EN LUGO.- O deputado autonómico Jesús Palmou asegurou que o Secretario Xeral de Xustiza faltou á verdade durante unha comparecencia que recientemente fixo no Parlamento ó asegurar que en Galicia non podería acontecer un feito como o de Mari Luz Cortes. 

Segundo explicou Palmou, “unha situación tan dramática, desgraciamente podería repetirse en Lugo, por exemplo”. Argumentou esta afirmación indicando que nestes intres a ampliación informática Minerva non está implantada en todos os xulgados, nin existe interconexión entre eles, nin tampouco hai un rexistro de requisitorias para comprobar as persoas que estén reclamadas. 

“Quere esto decir”, segundo indicou Jesús Palmou, “que unha persoa que esté reclamada por un xulgado da capital lucense pode, con total impunidade, presentarse cada quince días noutro xulgado  sen que neste se enteren da súa situación”.