Lugo, a 7 de xuño de 2008.- O GPPP manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que dos tres catamaráns cos que conta a Deputación ningún está operativo nestes intres: só está funcionando o “Canón do Sil” e esporádicamente un dos “Pelegrín”.
Ademais, segundo indicou o voceiro adxunto, José María González Barcia, nada se sabe do novo barco. “Se ía chegar ó seu destino o luns da vindeira semana, semella que haberá un novo retraso, eso no suposto de que o barco teña permiso para ser trasladado, e non aconteza como aconteceu hai uns meses, que o permiso caducou sen ser usado e o barco tivo que seguir en Vigo”, explicou.
Para o voceiro adxunto popular, estamos ante un incumplimento claro da palabra do propio Presidente, manifestada no pleno do pasado 27 de maio, e mesmo trasladada á prensa días despois. Daquela asegurou que o día 2 de xuño os barcos estarían operativos, e mentiu, porque só hai un barco funcionando a pleno rendemento; e dixo que na segunda semana estaba previsto que o novo barco estivera no seu punto de atraque; esta segunda cuestion xa veremos se se cumple, pero de momento nada se sabe do barco. E para máis inri, a data prevista de operatividade plena trasládase agora a finais de mes, ó día 28 de xuño.
Barcia lembra tamén que o Pelegrín I, que é o catamarán que está en Lugo, tén poucas probabilildades, máis ben ningunha, de navegar nin en xuño nin en todo o verán, dado o seu estado, que sigue a ser tan lamentable como cando o GPPP o denunciou, co que só haberá dous “Pelegrín” operativos.
Barcia asegura que esto contradí un decreto do presidente do pasado 2 de abril, no que se anunciaba a contratación de pilotos e de auxiliares-guía para os barcos que fan as rutas dos embalses, xa que fala de contratar persoal para os “cinco barcos” que farán as indicadas rutas, o que é falso, xa que serán catro.
Ademáis, indicou que a contratación está sen rematar, e eso que o proceso comenzou o pasado 2 de abril: a estas alturas faltan por contratar dous auxiliares-guía, co que a improvisación coa que se está a traballar é significativa e o único que fai é empeorar a imaxe que tén a Deputación. Por certo, o proceso de contratación do resto do persoal rematou o 29 de maio, ou sexa, dous meses para un proceso de contratación que debería estar pechado bastante antes e que da idea clara da lentitude e ineficacia do actual goberno provincial.
González Barcia finaliza preguntándose que traballos está a facer o persoal contratado se os barcos non están totalmente operativos: sería bon coñecer cal é o seu cometido nestes momentos, porque o decreto de autorización para a adquisición da pintura da obra viva dos barcos tamén se asinou non hai moito, concretamente o pasado 8 de maio. “En fin”, asegura Barcia, “están tirando por terra, en cuestión de meses, todo o traballo feito nos últimos quince anos”.