Cospeito, a 6 de xuño de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro visitou hoxe a Lagoa de Cospeito xunto coa alcalde da localidade e senador, Armando Castosa, para reivindicar, tras a celebración onte do Día Mundial do Medio Ambiente, a creación dun gran pacto polo medio ambiente co obxectivo de alcanzar unha cultura de participación e diálogo entre os cidadáns, os axentes sociais e as distintas administracións.
Este pacto tería ademais outra finalidade: acadar unha eficaz defensa dos valores ambientais co fin de que poidan participar nese obxectivo todos os galegos dun xeito responsable. “Trataríase de promover a proximidade cos cidadáns, fomentando e facilitando a súa participación activa para que, deste xeito, se sintan partícipes coas súas propostas das decisións que se adopten”, explicou.
“Trátase, en definitiva, de facer un esforzo no ámbito das actuacións dirixidas á sensibilización e á concienciación da cidadanía e dos estamentos sociais nas cuestións medioambientais de Galicia, na procura dunha maior participación e colaboración para avanzar no obxectivo último do crecemento e desenvolvemento sostible”, engadiu.
Barreiro e Castosa elexiron a lagoa de Cospeito para plantexar esta proposta porque consideran que no seu día foi un exemplo de colaboración entre administracións (Concello e Xunta concretamente) para poñer en valor un ben cun gran interese medioambiental, que conlevou tamén un pulo importante para o municipio dende o punto de vista económico, dado que se convertiu no seu principal estandarte e reclamo turístico. A colaboración concretouse daquela, entre outras accións, na creación dun centro de interpretación medioambiental, que se encarga de xestionar o Concello.
Combinouse así a protección dun ecosistema singular co aproveitamento turístico, sen olvidar un compoñente que non dubidaron en calificar como “pedra angular”: o formativo e divulgativo.
Por todo elo, ambos insistiron na necesidade, dados os bos resultados acadados, que “todos, empezando polas administracións, traballemos xuntos na protección e divulgación do noso patrimonio natural”.