Partido Popular de Lugo

A XUNTA RECOÑECE QUE A METADE DA POBOACIÓN DA COMARCA DE CHANTADA CARECE DE ACCESO A INTERNET DE BANDA ANCHA

Santiago, 6 de xuño de 2008.- Só 8.762 dos 16.252 habinates da comarca de Chantada (concellos de Chantada, Taboada e Carballedo) dispoñen a día de hoxe de posibilidade de acceso a Internet de banda ancha, o que equivale a un 53.91% da poboación. A primeira cifra foi revelada hoxe no Parlamento pola directora xeral de promoción industrial e da sociedade da información, Elena Veiguela, ao responder a unha pregunta parlamentaria formulada esta mañá na Comisión de Industria pola deputada popular Susana López Abella. 

A deputada popular cuestiona a inconsistencia do discurso da directora xeral nacionalista, que a pesar do dato inicial, cifrou a cobertura da banda ancha nun 78% e dedicou gran parte da súa intervención a poñer en valor a xestión do Goberno bipartito ata o punto de sinalar que a oferta actual de ADSL no medio rural de Galicia rodea a idoneidade. 

CLAVE PARA A COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL.- López Abella reclamou a universalización do acceso a Internet de banda ancha no medio rural e recordou que a competitividade das pequenas e medianas empresas pivota en gran parte en torno á súa capacidade para dispoñer de conexións de calidade á rede. No caso da comarca de Chantada, López Abella situou como principais afectados polas deficientes conexión a Internet ás adegas, as explotacións gandeiras e os establecementos de turismo rural e de hostalería situados en áreas apartadas. 

Para a tamén vicesecretaria xeral do PPdeG, a resposta ofrecida pola directora xeral da sociedade da información pon de manifesto, unha vez máis, as contradicións permanentes nas que están a incorrer os nacionalistas galegos. Mentres Veiguela alabou hoxe a calidade do servizo de banda ancha ofrecido en Galicia o senador nacioalista  Pérez Bouza, acaba de reclamar en Madrid un estudo sobre a  cobertura da rede e cuestionou as notables carencias que presenta no medio rural. 

A actitude do BNG no Senado revela o comportamento farisaico do BNG, que nun recente Pleno no Concello de Chantada se negou a apoiar unha moción promovida por López Abella para estender o ADSL aos núcleos rurais do municipio.