Bóveda, a 5 de xuño de 2008.- José Manuel Arias foi elexido hoxe por aclamación presidente da agrupación local do Partido Popular de Bóveda durante unha asamblea xeral de afiliados convocada para tal fin e á que asistiron, entre outros cargos da formación política, o Presidente provincial José Manuel Barreiro e o Secretario xeral José Manuel Balseiro.
Deste xeito, Arias López toma o relevo na dirección dos populares de Bóveda que, dende o momento da fundación da agrupación local a finais dos anos 80, recaía en Raúl Vázquez Pereira.
Precisamente o feito de que en varias décadas non se levara a cabo unha renovación na executiva local e a vontade expresada xa hai algún tempo polos 16 membros que integraban a executiva fundacional de “deixar paso ós novos”, foi unha das razóns que levaron o Partido Popular de Bóveda a levar a cabo este proceso. Una proceso, ademais, que se enmarca dentro da vontade política expresada reiteradamente polo Presidente provincial de reavivar a estructura interna do partido co fin de incentivar, enriquecer e fortalecer o proxecto político do Partido Popular.
O relevo xeneracional levado a cabo na executiva popular de Bóveda contou, segundo salientou o xa presidente electo, coa total colaboración dos militantes fundadores. Un deles, de feito, continuará formando parte da nova executiva, na que tamén se integran dous membros do equipo de goberno local, ós que hai que engadir ó propio presidente.
José Manuel Arias indicou que agarda “facer unha boa labor como presidente” e mostrouse confiado “nas ganas de traballar” da nova executiva, que ten una media de idade de 45 anos.
Salientou Arias que o Partido Popular de Bóveda, que conta neste intre cuns 200 afiliados, é como “un gran familia” e mostrouse confiado en que “o consenso será, como ata agora, a nota dominante”. Anunciou asimesmo que a vindeira semana procederán a elexir o secretario e tesoreiro da agrupación.
Xunto con José Manuel Arias, integran a executiva Manuel Alvarez, Carlos Armesto, Francisco Javier Domínguez, Gumersindo Fernández, Alberto González, María Jesús González, Manuel López, Manuela López, José Manuel Reboiro, José Luis Rivera, Manuel Rodríguez, Natividad Rodríguez, Javier Iván Rodríguez e Teresa Rodríguez.
O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro amosou a súa satisfacción pola elección levada a cabo hoxe e amosouse confiado na “boa labor que van a desenvolver”. Incidiu asimesmo na importancia do proceso de renovación que se está a levar a cabo na formación política a nivel provincial “para dinamizar a estructura interna do noso partido e mostrarnos ante a cidadanía como unha forza sólida, cun proxecto político serio e no que prime a defensa dos intereses da nosa provincia e das nosas xentes”.