Partido Popular de Lugo

OS COMPROMISARIOS DO PARTIDO POPULAR DE LUGO NO CONGRESO NACIONAL DE VALENCIA MANTIVERON UNHA XUNTANZA NA CAPITAL

Lugo, a 4 de xuño de 2008.- Os compromisarios do Partido Popular pola provincia de Lugo que acudirán ó Congreso Nacional da formación política que se celebrará os días 20, 21 e 22 deste mes en Valencia celebraron unha reunión informativa na capital provincial. 

O encontro, que estivo presidido polo responsable provincial José Manuel Barreiro, serviu para dar a coñecer o programa que se seguirá durante a xuntanza na que se elexirá o presidente nacional do partido. 

Pola provincia de Lugo acudirán un total de 50 compromisarios, 43 polo Partido Popular e un por Novas Xeracións. Son tamén compromisarios natos os senadores, os deputados nacionais e o eurodiputado. 

José Manuel Barreiro ten previsto manter en próximas datas xuntanzas coas agrupacións de Novas Xeracións para informalos tamén de primeira man do proceso que se desenvolverá en Valencia. Así, o vindeiro día 13 manterá un encontro coa agrupación de Vilalba.